MULLERES BRAVAS

skm_c654e17010912440_0003

Este Nadal chegou ás nosas librarías Mulleres bravas da nosa historia, unha colección de li bros infantís que procura achegarlles ás pequenas e pequenos a traxectoria e a obra dalgunhas das nosas mulleres senlleiras.
De momento levan editado dous títulos, un dedicado a Rosalía de Castro e outro a María Victoria Moreno. Son cadernos cómodos e manexables, ben editados e cunhas espléndidas ilustracións de Eva Agra. O contido non desmerece nada. O de Rosalía corre a cargo de María Lado, escritora solvente que explica de maneira didáctica e próxima, a relevancia indiscutible da matriarca das nosas letras. No caso de María Victoria Moreno, fai un estupendo traballo Eli Rios que nos mostra a traxectoria profesional dunha grande intelectual desgraciadamente non por todos coñecida. Linguaxe sinxela e directa. Frases curtas e contidos escollidos garanten, ao noso modo de ver, o éxito de ambos traballos.
Ao final de cada libriño un conxunto de actividades que procuran a implicación directa da novísima lectora ou lector a quen van dirixidos e pechando cada libriño, unha breve cronoloxía que lles permite situarse no período e na biografía da homenaxeada.
Urco Editora e a libraría Lila de Lilith recorreron ao crondfunding para pór en marcha este proxecto que xa se botaba de menos nas nosas librarías.
Anuncian novos títulos e en Andaina, agardámolos con interese.

skm_c654e17010912440_0001

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s