ELEXÍAS A LOLA

  • XOHANA TORRES, Elexías a Lola

    Engaiolarte edicións, 2016 (Vigo)elexia-a-lola1

    Un volume de poemas que é un xoguete bibliográfico. Un libro belamente editado, elegante, en tons malvas e crus, con lazos que suxeitan un pequeno caderno de notas e unha tarxeta que sentencia: “Unha muller pode converterse en balea polo simple feito de quere cambiar de forma”.

    Elexías a Lola inclúe ademais, unha reprodución do cadro que Laxeiro lle fixera á poeta -“un dos mellores retratos que nunca fixen” segundo o artista- e unha copia do retrato da avoa Lola do pintor ferrolán Segura Torrella, feito seguindo a descrición da propia Xohana Torres.

    Lola ollos de antracita,

    bailando con lobos,

    disparando á lúa

    72 páxinas plenas de versos sinxelos, sentenciosos e fondos. Unha homenaxe ao Avía, ás antepasadas e ás mulleres. O derradeiro poema, conclúe: “Os recordos lesionan seriamente o peito”.

    O primeiro, anuncia:

    Son unha subalterna

    nunca aprendín a fórmula

    para evitar o caos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s