Feminismo comunitario e Julieta Paredes

A continuación deixamos a ligazón á entrevista íntegra de Julieta Paredes, feminista de Bolivia e unha das fundadoras de Mujeres Creando, que agora está co proxecto do feminismo comunitario, mais queriamos destacar unhas liñas:

“Nós falamos de campos de acción e de loita.

Hai un campo de acción e de loita que é o corpo.

Non é a saúde reprodutiva, é o corpo. Aí podes discutir desde sexualidade, dereito a ser mamá, aborto, até os procesos existenciais e identitarios do branqueamento, porque é a nosa beleza, os nosos corpos son distintos como indíxenas e iso hai que traballalo e valoralo. Trátase da descolonización máis íntima.

Logo está o espazo. Porque, que espazos temos as mulleres? Desde a tierra ate os espazos da casa, realmente temos casa as mulleres? ou somos unhas parias? Aqui tamén se pode falar do espazo político.

Outro campo de loita é o tempo, tempo para traballar… O traballo doméstico é traballo, non é amor, é traballo, é tempo. Se os homes teñen tempo é porque non fan traballo doméstico.

Outro campo, o movemento, ten que ver con movemento organizativo e autonomía organizativa política e social, autoorganización. Aínda que esteas formando parte dun movemento grande como pode ser as Comunidades Interculturais ou os cocaleros, ten que haber a autonomía organizativa das cocaleras.

E, por último, a memoria, que é ese longo percorrido da nosa sabedoría e as nosas loitas herdadas das nosas avoas, esa memoria longa…”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s