30 anos da Festa da Palabra

A FESTA DA PALABRA SILENCIADA
Núm. 29
118 páxinas
Edita Figa. Colabora Xunta de Galicia
Cuberta e ilustracións: Rut Martínezfestapalabra

Por Patricia Arias Chachero

O pasado 8 de marzo, presentouse o número 29 da Festa da Palabra Silenciada. Poucas semanas faltaban para que a senlleira publicación feminista, que viu a luz cadrando coas Letras Galegas de 1983, poucos meses despois de que aparecese o número 0 de Andaina, cumprise 30 anos. Tres décadas de loita feminista son moitas e por iso desde Andaina queremos facerlle chegar os nosos parabéns a todas as mulleres que, directa ou indirectamente, teñen colaborado nas páxinas da Festa para facer visible o traballo e esforzo das mulleres tantas veces e durante tanto tempo silenciadas.
Este número 29 ábrese cun editorial da directora da publicación, María Xosé Queizán, quen botando a vista atrás, rememora como nos inicios “un amplo e diverso abano de mulleres uniámonos ao redor da causa feminista na AGM e esta unión nunca debeu romperse”. A continuación ábrese un coidado monográfico de 48 páxinas, dedicado, como non podía ser doutra maneira, a repasar a historia da revista.
Helena González Fernández asina un artigo titulado “Festa da palabra silenciada, ou the dinner party á galega”, Camino Noia repasa a presenza das escritoras nos números da Festa, aí están os cadernos dedicados a Rosalía, a Herrera Garrido, a Pardo Bazán ou a Pura e Dora Vázquez. O terceiro artigo do monográfico, titulado “As luces só se curan con máis luces” é de Monica Bar Cendón. A estudosa ten unha lembranza para con Andaina que lle agradecemos sinceramente.
A seguir, Carlos L. Bernández, en representación dese colectivo masculino que publica na Festa desde o número 14, asina “30 anos de creación plástica na Festa”, Marga Rodríguez Marcuño engade algunhas ideas interesantes nun artigo titulado “A nosa lingua en distintas voces”. Manuela Pena Santiago asina “A palabra crítica desde a FdPs”, en cuxas páxinas insiste na pluralidade e diversidade da publicación. O monográfico péchase cun texto de Ledicia Costas titulado “De 1983 a 2013, 30 anos de Festa”, con comentarios dalgunhas das actuacións musicais, recitais e performances que teñen acompañado as presentacións dos distintos exemplares da publicación.
Rematado o caderno monográfico, o número inclúe os seguintes traballos: De María Xosé Queizán “Despedida a Victoria San”, “Ricardo Carballo Calero e “Holocausto permanente”, de María Xosé Agra “Afiliación, filiacións e confusións no nome do amor”, de Yashmina Shawki “Exipto entre areas movedizas”, de Aurea Sánchez Puente “Custodia compartida”, de Mónica Bar Cendón “A casa de ensoño da Barbie en Berlín” e “Notas impresionistas para unha lectura do poemario”, sobre o último poemario de Ledicia Costas. Asinada por Paula Mariño atopamos a reseña “Clara Peeters” comentando a obra dunha pintora belga do século XVI, especializada en bodegóns. Á pluma de Marga do Val debémoslle “Margarethe Von Trotta (re)descóbrenos a Hannah Arendt” e á de Marga R. Marcuño, “Recursos e ferramentas. Por un código propio” e “Fina Casalderrey, académica”.
Completan esta última entrega da Festa, traballos de Ramón Nicolás, Manuel Forcadela, Avelino Muleiro, Afonso Becerra e Bernardo Máiz.
Saúde e moita Festa feminista, compañeiras!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s