ANDAINA 30 aniversario

ANDAINA 30 aniversario

En xaneiro de 2013 fixo 30 anos que viu a luz o número 0 naquela Galiza de 1983.

E quixemos celebralo. Facerlle una festa a esta mozota que tantas alegrías nos leva dado, que co paso do tempo ten xuntado a una presa de mulleres con afán de denunciar machismos, de difundir ideas e pensamento feminista.

Donas teimosas empeñadas en buscar e solicitar a mulleres que colaborasen cos seus escritos, opinións, pinturas, fotos, debuxos, ideas… Reunindo e publicando nas súas páxinas inestimables contribucións que desmentiron as rutinas que presupuñan que apenas había mulleres para facer estas e outras cousas.

Tivemos una equipa de redacción sempre dinámica e sempre afeccionada, nunca profesional. Estamos orgullosas, claro, de ter sido capaces desta fazaña sen contar apenas con apoios institucionais nin difusión dos medios de comunicación de masas sempre máis atentos a que calquera político de aquí ou alí diga si, corte una cinta, inaugure un pantano ou descubra una placa.
Celebraremos o 30 aniversario da nosa revista con orgullo e tamén con preocupación pola situación económica difícil para seguir tirando a revista e poder, en papel e sobre, chegar ás persoas subscritoras que tanto nos levan apoiado e a quen tanto agradecemos a súa colaboración.

Así o celebramos. Unha chea de grazas!

Deixar un comentario