andaina 65

andaina 65

andaina 65

Editorial

A vida corre a presa, cada vez máis, sobre todo cando acontecen tantas cousas. Este ano que estamos a piques de acabar, comezámolo coa batalla contra a modificación da lei de aborto, os diversos feminismos aparcaron as diferencias para berrar ao unísono, alto e forte a vella consigna: “As mulleres parimos, as mulleres decidimos”. Avoas e netas, nais e fillas, unidas na mesma reivindicación, como se o tempo non pasara. A modificación que se pretendía significaba tal retroceso nos dereitos e liberdades das mulleres que mesmo era contestada por sectores do partido gobernante. Só os máis retrógrados da igrexa católica e do PP estaban a favor do cambio que propoñía Gallardón pero foron tamén estes sectores os que axudaron a darlle a maioría absoluta nas pasadas eleccións xerais e o cambio da lexislación da interrupción do embarazo formaba parte dos compromisos adquiridos. Pero os votos mandan máis que as ideas e os compromisos e cando as enquisas comezaron a dar conta da pérdea de votos que podería supoñer esta modificación, a presidencia do goberno fixo caso omiso das palabras do ministro de xustiza que aseguraba que antes de finalizar o verán habería nova lei.  O proxecto aparcouse sine die e o señor Gallardón deixou a política a cambio dun retiro dourado na Comunidade de Madrid. E así, da noite para a mañá, a reforma do aborto deixou de ser noticia, e as loitas das mulleres polo dereito a decidir tamén.

Indudablemente debemos celebrar este logro, conseguimos parar a lei. A longa campaña denunciando e explicando os cambios que supuña o proxecto transitou por todas as cidades e por todos os medios  con manifestacións, programas de debate, vídeos. artigos nos xornais, declaracións en concellos de cidades e de vilas…  e o respaldo maioritario da cidadanía a esta campaña sumouse a outros moitos descontentos contribuíndo ao cambios na intención de voto, que no fondo é o único que lles importa aos actuais gobernantes; porque non hai ideas, non hai compromisos, so ansias de poder.

Pero unha vez celebrado, hai que recompoñer o baleiro que deixa tanta actividade, a loita contra a reforma do dereito ao aborto deu impulso ao feminismo, pero tamén nos deu unha lección: os logros non son permanentes, hai que estar alertas e afianzalos día a día da mellor maneira posible que é afianzando as nosas ideas, collendo forza en nós mesmas e contribuíndo a espallar a seguridade e autonomía en todas as mulleres.

 

A vida corre a presa, cada vez máis… Desde o máis fondo desta crise, despois de anos de falsas promesas e crúas realidades, de ver como a crise aumentaba a riqueza duns poucos mentres a maioría era cada vez máis pobre,  algo parece moverse.

Sí, é certo, a vida corre cada vez más a presa, acumúlanse  os acontecementos  mentres asistimos expectantes aos cambios que se intúen pola rúa e nas enquisas. O descontento supera xa todos os prognósticos e hai unha maioría social que reclama cambios porque día tras día sucédense as noticias de subornos, defraudacións fiscais i evasión de capitais e a cidadanía non da abasto para asimilar o alcance da corrupción e os enganos da clase dirixente, políticos e empresarios. É certo que non todos son iguais, pero a corrupción é tanta, tan grande e de tantos, que as veces semella que a única diferencia está no grao de poder; que a maior poder, maior corrupción. Hai fartura de tanta miseria e tanto engano, hai fame, hai asco e hai unha forza que impele ao cambio; reclámase unha nova concepción da política, novas formas para os partidos de sempre e novos partidos… O cambio está aí, ao alcance da man… De verdade?. Tamén para as mulleres?… Os cambios que se intúen, que se prometen, non poden esquecer as mulleres ou non serán cambios reais. De momento a foto segue sendo moi masculina pero está nas nosas mans que tomemos o protagonismo e non só nas caras dos carteis, tamén os programas deben dar resposta as loitas a favor dos dereitos sexuais e reproductivos, contra a violencia, contra o machismo nos medios ou sexismo no ensino… O cambio está aí, non podemos deixalo pasar.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s