1ª edición dos PREMIOS LUCEIRA de comunicación social

BniINu-IYAAh5vY

Que linda iniciativa promoveron a COORDINADORA GALEGA DE OENEGÉS PARA O DESENVOLVIMENTO, o CERMI (Comité español de representantes de personas con discapacidad)-Galicia e EAPN-Galicia (Rede galega contra a pobreza)  para  visibilizar e poñer en valor propostas de comunicación en Galicia que están a dar cobertura ás temáticas do eido social baixo un enfoque de calidade, análise, reflexión e participación da sociedade.

Valoraron catro cuestións para propoñer as candidaturas: Calidade, en galego, de interese social e colectivas e submeteron a votación aberta en Internet 17 candidaturas.

BnhyEJOIMAIoHwL-1Recibiron máis de mil votos e as tres candidaturas máis votadas resultaron ser : 3ª máis votada Andaina, Revista Galega de Pensamento Feminista; 2ª  candidatura  máis votada, Galiza Ano Cero, outra televisión  e a máis votada Galiza Contrainfo, un portal webb que teima en acompañar ás iniciativas e loitas “dos de abaixo”.

Distinguiron  ás tres. Organizaron un acto na Facultade de Xornalismo onde entregaron unha lámina enmarcada do debuxante  Xaquin Marín ás persoas que, en nome dos colectivos, recolleron os premios. Genma Filgueira, presidenta da Coordenadora Galega de Oenegues para o Desenvolvemento, Xosé Cuns director da Rede Galega contra a Pobreza e Anxo Queiruga presidente do Comité de Representantes de Persoas con Discapacidade que poido subir coa súa cadeira de rodas ó escenario grazas a rampa aqui si existente, explicaron a súa iniciativa e os seus desexos sobre o traballo que fan e sobre esta iniciativa dos premios Luceira. Todo o acto presentado e amenizado polo actor Carlos Blanco, algo sorprendido, ainda que agradablemente, confesou, do pouco gla mour de Hector Varandela e Zelia García (Galiza Contrainfo), Maria Pampin e Xabier Lombardero (Galiza Ano Cero) e Nanina Santos (Andaina).

Logo dun pequeno refrixerio ofrecido por organizacións de comercio xusto, unha mesa redonda de debate sobre a comunicación, os medios tradicionais e os medios alternativos, a utilidade social e a experiencia das tres propostas premiadas xunto as aportaciónsBnh-m0iIMAAOg1e de Joel Gómez da La
Voz de Galicia e Luis Pardo da Cadena Ser moderada polo decano da facultade de xornalismo Xosé Pereira. O debate arrancou  lentamente porén foise animando e rematou as 21h.

Parabéns as iniciativas e traballos premiados polo recoñecemento e utilidade, incluido o noso, porén os premios falan sempre tamén de quen os promove e os organiza. Neste caso, as muitas  virtudes de todo o que non se ve e fixo posible esta bonita e interesante iniciativa si merece o noso recoñecemento e felicitación. Que a reciban Genma Filgueira, Xosé Cuns e Anxo Queiruga e a trasladen a persoass asociadas, voluntarias e colaboradoras das organizacións que coordenan.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s