Álbum de mulleres: non esquezades navegar!

Desde Andaina queremos aproveitar este espazo para dar a coñecer iniciativas interesantes e presentes na rede como é o Álbum de mulleres do Consello da Cultura Galega, un centro de documentación dixital en elaboración permanente, que forma parte da Internet desde 2005.

O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega (CCG). Esta elabora vías e medidas que desde un enfoque de xénero permiten pór en valor e dar visibilidade ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais.

O Álbum de mulleres navega na rede de internet desde o dous de decembro de 2005 e o núcleo que lle dá forma desenvólvese co establecemento dunha relación de colaboración continuada entre a citada Comisión e o portal culturagalega.org, ten como principais obxectivos recuperar e facilitar progresivamente o acceso á información, datos, voces, imaxes, escritas, traballos e traxectorias de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia. Configúrase como un centro de documentación dixital que ten a intención de ser de utilidade en dous niveis: un, de divulgación máis xeral e empregable como fonte de referencias informativas básicas; e outro que de forma máis concreta poda ser empregado como ferramenta de traballo en ámbitos especializados de investigación, ensino, etc.

Configúrase e reconfigúrase con: Unha galería biobibliográfica que se incrementa periodicamente, achega relacións e produccións de e sobre mulleres concretas, e está composta de arquivos fotográficos, pictóricos e sonoros, documentos, textos e comentarios máis ou menos recentes e de diferente autoría. Unha ferramenta de busca libre facilita o acceso a datos destas biobibliografías. Liñas do tempo que se revisan anualmente e nas que se recollen de forma cronolóxica e en tres niveis (Galicia, Territorio español e Mundo) acontecementos e datas relevantes facendo fincapé nas referencias de e sobre mulleres. Especiais que se incorporan e amplían arredor de datas conmemorativas e acontecementos de especial relevancia. Xornadas,que recolle a información provinte de xornadas e encontros dedicados a temas específicos ou a mulleres concretas e promovidos pola Comisión de Igualdade do CCG. Cartografías,que permiten un tratamento documental en profundidade da vida e obra de mulleres destacadas en diferentes ámbitos de produción cultural e social (ciencia, arte, literatura…). Bibliografía, que agrupa e permite a consulta das referencias bibliográficas mencionadas nas biobibliografias do Álbum. Ligazóns con páxinas externas de especial interese agrupadas en categorías que se revisan e amplían periodicamente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s