8 de Marzo de 2014 a manifestación nacional celébrase en Galiza o domingo 9M en Compostela. As ANDAINAS sumámonos á convocatoria que este ano fai a Plataforma galega polo dereito ao aborto e coa consigna POLOS DEREITOS SEXUAIS E REPRODUTIVOS DAS MULLERES.
A ONU a través da Plataforma de acción de Beijing recoñece que os dereitos humanos das mulleres inclúen o dereito a ter o control e a decidir libre e responsablemente sobre a súa sexualidade, incluída a saúde sexual e reprodutiva, libre de presións, discriminación e violencia
O Estado Español tardóu 15 anos en cumprir este acordo que tiña asinado en 1995. Foi en 2010 coa lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo que foron finalmente recoñecidos estes dereitos das mulleres.
A ameaza de contrareforma da lei do aborto que dende hai meses avanza dende as filas do PP coa colaboración da caverna integrista católica, está a provocar un grande rexeitamento social e ocupa a centralidade da mobilización deste 8 de Marzo polo Movemento Feminista, escurecendo outras demandas e reivindicacións ao redor da situación das mulleres nestes tempos de retrocesos de dereitos e servizos.
Con esta manifestación proclámamos o dereito das mulleres a decidir sobre o noso corpo e a nosa maternidade. As mulleres decidimos! A sociedade respecta! O Estado Garante! A Igrexa non intervén!
no rexistro da propiedade de Santiago http://youtu.be/UUZazp9jMZ8
Pingback: A contrareforma da lei do aborto (4) 9M As mulleres decidimos!