Informe sobre a situación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción voluntaria do embarazo

En conmemoración do 28 de Setembro, data emblemática proposta en 1990 por feministas Latinoamericanas e Caribeñas, como jornada de reivindicación anual polo dereito das mulleres a decidir interrumpir un embarazo non desexado, en condicións de seguridade e legalidade.

A Coordinadora Estatal de Organizacións Feministas, que traballa desde hai anos no seguimento das leis que viñeron regulando o aborto no Estado Español, presenta o informe: “Situación actual da nova Lei de Saúde Sexual e Reprodutivaey de Interrupción Voluntaria de Embarazo no Estado Español. Entre a teoría (legal) e a prática (real)”.

Nel destacamos, que despois de ano e medio de aplicación da norma, o diagnóstico da situación amósanos a enorme distancia que separan os dereitos recoñecidos no texto legal, coa súa posta en prática por parte do Goberno Estatal e as Comunidades Autónomas. A inhibición da administración central por facer cumprir a norma xunto coa liberdade das administracións autonómicas para interpretar as leis de acordo coas súas circunstancias e signo político dos seus gobernos, está provocando que as mulleres continúen a ter importantes dificuldades para acceder a unha IVE a través do sistema público sanitario

Neste sentido, desde las organizacións feministas que forman a Coordenadora Estatal quixeron visibilizar neste informe, as restricións no dereito das mulleres a decidir que continúan a estar presentes na nova norma e denunciar, o incumprimento na aplicación da Lei de SSyR e de IVE, a través da analise de sete aspectos que nela se recollen e que son de grande importancia para garantir, dun xeito efectivo e real, o dereito das mulleres a acceder a unha IVE dentro do sistema público sanitario.

Desde esta ligazón podedes acceder ao documento íntegro elaborado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s