Para mostrar o rexeitamento social á contrarreforma desenvólvense continuas actividades preparando a manifestación do 9M.
O pasado 22 de Febreiro, un grupo de mulleres da Plataforma galega polo dereito ao aborto entregaron na oficina do Valedor do Pobo máis de mil peticións de amparo asinadas por mulleres galegas, solicitando a intervención do Valedor na procura da paralización da tramitación da reforma da lei aprobada polo Goberno do Estado. Súmanse ás recibidas nos últimos días a través do correo electrónico do Valedor: rexistro@valedordopobo.com na que podes enviar aínda a túa se non o fixeches.
Tivo diverso reflexo nos medios en galego
Outra das iniciativas destes últimos días: ‘rexistrar os corpos’ nas oficinas dos Rexistros da propiedade.
Colgáronse pancartas en Concellos, pontes e espazos públicos con diversas dificultades, algunhas pancartas foron roubadas pola noite ou destruídas polas cicloxéneses que nos acompañaron estes meses. No estadio de Riazor, a pancarta foi retirada pola seguridade do estadio mentres se mantiñan sen problema bandeiras fascistas. Reflexo nos medios:
http://praza.com/movementos-sociais/6543/pancartas-a-prol-do-aborto-libre-non-simboloxia-fascista-si/