Antes de o PP decidir que o debate do aborto no Congreso podería costar votos de máis nas europeas, e adialo para Xuño, Gallardón defendeu unha vez mais a súa reforma na Deptuación permanente os pasados días, retorcendo o signifcado das consignas feministas para utilizalas en apoio da súa tese: falou do dereito das menores a estar acompañadas para abortar frente ao que a lei actual consagra de non facelo, dos dereitos ilimitados do feto frente aos das mulleres porque os fetos son máis débiles e a esquerda defende aos máis débiles… deunos ás andainas para reflexionar sobre as consignas, compartimos esas reflexións:
ABORTO: A propósito dun par de consignas
As consignas son o que son e non pretenden ser tratados nin poden matizar gran cousa.
Sen embargo, transmiten cousas. Queren levar mensaxes a aqueles sectores de poboación a quen se dirixen, pretenden promover ideas. Diferentes e a eito enfrontadas ás do pensamento oficial ou dominante.
De todos xeitos e antes de entrar na materia a que vimos, paga lembrar que as consignas teñen unha certa vida propia e que poden tomar camiños e levar ideas alonxadas de quen as botaron a andar nun momento concreto. É cuestión interesante por demais, pero non é no que imos parar agora.
Dúas consignas que veñen de moi lonxe e que se escoitan frecuentemente en defensa do aborto, mereceron as nosas reflexións:
“Aborto libre para non morrer”; “Aborto libre, a muller decide”; “Aborto libre”
Gusta moito esta consigna e porque ademais todo o que sexa libre é máis radical, duro, de esquerda… que o que ten límites e non é “tan libre”. Se o de libre se referise á liberdade da muller de decidir non poderíamos estar máis de acordo. ELA decide, ao seu sabio entender, sen presións ou atrancos extras, nin para abortar nin para non facelo. Pero se o que queremos transmitir é que queremos aborto libre, cando queiramos e como queiramos (é dicir, sen prazos, o mesmo as 22 semanas que ás 30 semanas…), entón estariamos falando de outra cousa e xa non estaríamos de acordo.
Claro que fixar o límite non é fácil.
A OMS fixa un límite na posibilidade de vida autónoma do feto (entre 22 e 24 semanas). É posible que cos avances médicos poida chegar darse ás 22 semanas esa autonomía fetal. Parece que iso está ben. É un prazo suficiente para resolver a cuestión nas sociedades nosas (de feito a grande maioría de abortos fanse nas primeiras 12 semanas). Se nun caso particular non é asi, resulta diferente un caso que unha norm. A ampliación deste prazo é preciso cando severas anomalías fetais non se poden detectar antes ou periga a vida da nai. A combinación de prazos e indicacións está presente en boa parte das leis vixentes onde se recoñece o aborto.
Dito isto, non merece a situación agora unha liorta cos prazos. Que non se toque a lei vixente parece unha boa liña de loita e resistencia. Dito de outro xeito, que retiren a proposta de reforma de aborto.
E, nalgúns pensamentos -ou so consignas talvez- ese gusto polo aborto libre enlaza coa seguinte consigna
“Fora aborto do Código Penal“
E porqué debería estar fora do C.Penal? ou Todos os abortos, TODOS, deberían estar fora do C.Penal? Algunhas tradicións de esquerda son peculiares. Parece que todo o que está no C.Penal é unha fatalidade e o C.Penal mesmo (aínda que non sexamos nós unhas fans do mesmo). Os abortos brancos deben ser penalizados e estar, polo tanto, no C.Penal. Os abortos forzados, deben estar asemade no C. Penal Ademais se hai xente que fai abortos poñendo en perigo a vida de mulleres, Non deberían penalizarse? (Non estamos nunha situación de aborto prohibido e penalizado). E mulleres que aborten as 28 ou 30 semanas por que si? Pura desidia, por exemplo?
A interesantísima película O secreto de Vera Drake aínda nunha situación moi afastada do noso hoxe, da para darlle ao bolo a esta cuestión.
Un par de cousas que nos poñen do frasco:
Todo o mundo falando do drama do aborto, do terrible que é tal decisión, de como quedan psicoloxicamente as mulleres que abortan, etc. Haberá, claro que si, pero hai que bater lanzas e falar clariño da liberación do aborto cando resolve o drama dun embarazo non desexado. Este si, un drama. Os fracasos da anticoncepción ou da falta da mesma.
Os usos emocionais da linguaxe. Un feto non é un neno, nin é un bebé. Non hai que minguar a importancia dun feto. Tena. Pero un bebé é un bebé e un feto é un feto.
Pingback: A contrarreforma da lei do aborto (2) Consignas
Reblogged this on andaina.