21 viñetas nas que mulleres, os seus corpos, embarazos e partos se retratan de xeito aldraxante por.. xinecólogos!

Soubemos estes dias dunha polémica que nos chega desde a capital do pequeno Imperio, como recolle este video, e vén motivada pola publicada dunha serie de viñetas nunha revista médica de obstetricia e xinecólogos, e da súa autoría, na que se mofan de patoloxías e condicións físicas das mulleres que acuden as súas consultas, entre outras lindezas.

Na tarde do mércores 28 de setebro realizouse unha acción impulsada pola plataforma “Sres. y Sras. de la S.E.G.O no somos un chiste”, que deste xeito fan un chamamento á reflexión sobre a publicación das viñetas na gaceta electrónica desta sociedade médica e a súa actitude ao respecto, da súa profesión e do trato aos seus pacientes.

Desde a plataforma fixeron este convite:

Homes, mulleres, nenos e nenas, estades convidadas a deixar unha rosa en nome de alguen a quen coñezades e teña motivo para non se rir coas brincadeiras da S.E.G.O.

Actuaremos en silenzo e desde o respecto baixo o lema: Eu non rio, a min non me fai gracia”.

Tamén podedes visitar a páxina na que se pode asinar pola retirada destas viñetas “por ser unha total falta de profesionalidade e respecto cara as súas pacientes. Por representar unha vexación social ás mulleres, os seus bebés, as súas familias e os seus partos”.

Un comentario en “21 viñetas nas que mulleres, os seus corpos, embarazos e partos se retratan de xeito aldraxante por.. xinecólogos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s