Pensións e maternidade. A demografía de Pablo Casado

Un home así de pelo en peito. De soberano, de coñác e non esta trapallada que se veñen inventando os movementos de liberación sexual, os feministas, os transxénero, os LGTBI, que xa non se sabe quen é quen nin de quen ves sendo.

Un home de verdade como Pablo Casado. Xoven, de boa planta, algo máis que “un pollito” que diría algunha das nosas aboas, que di o que fai falta, o que se necesita, o que é imprescindible que alguén diga.

Que é esta matraca da demografía? Que cousa temos que escoitar de que as mulleres decidan si queren ser nais ou non? Cando queiran e con quen queiran para máis inri.IMG-20190208-WA0001

Digámolo dunha vez: Hai que traer fillos a esta España que precisa seiva nova, sangue efervescente de xenes apropiados para poder pagar as pensións.

Déixense xa de tontainadas estas mulleres que flirtearon co feminismo e as súas proclamas (cousa comprensible na adolescencia e primeira xuventude). Poñámonos en serio.

Hai tarefa máis nobre que procrear e parir, criar e formar a pequenos, mozos e xóvenes de ambos sexos para facer florear a nación?

(Encher a caixa das pensións, que as familias de verdade se sintan orgullosas da realización dos seus proxectos, que a industria medre e que as mulleres sintan, por fin! que realizan a súa auténtica vocación).

Era hora de que alguén o dixera pero xa parecía que non había homes. Levan encollidos con isto das críticas á masculinidade tradicional e á masculinidade a secas. Encartados e temerosos de seren sinalados polos índices das mulleres que xa levan uns poucos anos sacando os pes de testo e saíndo de pitas para galos. Si, ben dito, galos que non galiñas.

É ben que Pablo Casado, que moita xente di que é un hooligan, tivese a valentía de dicilo.

Hai que reordenar a vida e o mundo. Cando menos España que é a grande nación de todos os imperios. Esencia de eternidade.

A Maternidade é o deber superior das mulleres auténticas. Un pensador anterior deixouno dito: “A maternidade é o que fai ás mulleres autenticamente mulleres” (Gallardón dixit). Aquelas que non queiran parir é que non son mulleres 100%. Carecen do espírito elevado que as converte en mulleres en si e para si, para eles e para a Nación que é o máis sagrado.

Di que se chega ao goberno (ten planta para iso, ten voz, ten facundia aínda que non teña moito tino) derrogará a actual lexislación do aborto, que apoia un 72% de españois, e retomará a consensuada despenalización en tres supostos de 1985, que o partido dos seus pais levara ao Tribunal Constitucional en 1983, e que apoia un 22% de cidadáns ben distante do 72%.

Volveu o home! Velaiqui temos a Pablo Casado. Estabamos a esperar por el para que una e xunte aos Cañizares, Abascales, Alberts, Serranos, Teodoros, Josemarías todos que soflaman individualmente e lles dea azos para sobrepoñerse a esta ola de mamarrachería que socava o valioso que nos legaron os antergos e emerxan do populacho para trincar ao feminismo, aos transxénero, aos LGBI, aos movementos de liberación sexual, e a toda esa panda que con propiedade poderíamos chamar chusma.

Deixando o sarcasmo e a ironía, causa estupor que un home con tantas responsabilidades (xefe da oposición e presidente do partido popular) faga estas -e outras- intervencións en asuntos serios e importantes.

Tal vez conveña que alguén lle lembre a Don Quijote dicindo

“Llaneza muchacho, no te encumbres que toda afectación es mala” e esquece, se algunha vez soñaches que o meu coño NON é a túa pensión.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s