andaina 59

Encontro de Outras Voces Feministas (Paloma Uria)

O primeiro fin de semana do mes de abril tivo lugar en Alcalá de Henares o III Encontro de Outras Voces Feministas. O primeiro encontro celebrárase en Madrid en outono de 2006. Foi aquel un encontro fundacional no que debatemos as principais liñas do noso pensamento: a nosa concepción do feminismo e algunhas das súas manifestacións prácticas, como o noso enfoque, en parte crítico, da lei de Violencia Contra as Mulleres ou a nosa concepción da prostitución en tanto que actividade lexítima e a esixencia de recoñecemento de dereitos para as traballadoras do sexo.

Marrocos, mero observador da primavera árabe (Aurea Sánchez)

A Rede Internacional de Periodistas con Visión de Xénero (RIPVG) pediu no encontro celebrado en Fez que os estados estean obrigados a garantir a liberdade de expresión; que México teña que investigar tódolos crimes cometidos e atentados contra as mulleres xornalistas. O encontro pide que os aclare e os castigue; solicita protección das xornalistas deste país centroamericano no exercicio da profesión e pronúnciase contra á discriminación que viven en todo o mundo as mulleres xornalistas no plano salarial, laboral e profesional…..

Os Premios Nobel e as mulleres (Felicia Estévez Salazar)

O Premio Nobel da Paz 2011 outorgóuselles a tres señoras que salientan pola loita a favor da seguridade e dos dereitos das mulleres. Elas son: Ellen Johnson Sirleaf, presidenta de Liberia desde xaneiro de 2006 e coñecida como A dama de ferro; Leymah Gbowee, activista liberiana coñecida como A guerreira da paz, e Tawakkol Karman, xornalista iemení, coñecida como A filla coraxe de Iemen. .

Mulleres nas estrelas (Josefina F, Ling)

Neste último artigo da serie dedicada as diferentes actividades impulsadas polo grupo de traballo Ela é unha Astrónoma,1 falaremos do ambicioso proxecto levado a cabo para achegar a todos os fogares españois, a través do medio de comunicación máis popular, a televisión, os distintos aspectos relacionados co papel da muller no ámbito astronómico. ..

Entrevista a unha representante de Cavida (Comunidades de Autodeterminación, vida e Dignidade (Aida I. de Prada)

Ao norte do mapa colombiano, no Golfo de Urabá, está situado o Tapón do Darien, unha área estratéxica polos seus recursos naturais e o único tramo que queda por construír da estrada Panamericana. Unha representante da organización CAVIDA (Comunidades de Autodeterminación, Vida e Dignidade), que quere permanecer no anonimato, polo que usaremos o seudónimo de Teresa Rodríguez, explica a situación de alerta inminente. .

Acaso nós non somos mulleres?! (Hadriana Ordóñez Otero)

Estamos en verán. Neste tempo é costume ir coas pernas ó sol. Aínda que hoxe, como está nubrado, levo un xersei moi finiño de cor verde que me protexe desta friaxe mariña e unha saia destas modernas por enriba xusto xusto dos meus xeonllos, a iso das dez da noite fronte á ría. Creo que me debería vestir deste xeito máis a miúdo. Véxome moi fermosa, a roupa favorece as miñas curvas de muller. Por momentos síntome máis sexy; é inevitable. Pregúntome se a xente pensará o mesmo…

Magdalenas gritos estéticos para a revolución (Manuela Acereda e Aida I. de Prada)

«E por que sigo facendo cousas que eu creo que non debería facer máis? Por que sigo repetindo comportamentos que non quero máis? É a cuestión. Porque tamén eu son unha que alimenta a relación de opresión. Que teño que facer para o cambio?» Reflexiona Bárbara Santos, practicante e curinga do Teatro do Oprimido (TO) que, xunto con Alessandra Vanucci e o apoio do Centro de Teatro do Oprimido de Río de Janeiro, creou no 2005 o Laboratorio Magdalenas, Teatro das Oprimidas.

Käthe Kollwitz, Antígona xermana ante o espello (Renata Otero)

Sempre me fascinou a obra dos/as artistas que mostraban, dun xeito explícito e honesto algo de si mesmos/as. Cando eu tiña 21 anos, un día, folleando un libro nunha feira de ocasión, atopei un dos autorretratos en branco e negro de Käthe Kollwitz. Era unha imaxe sinxela que me impactou. Nela a autora debuxárase nun plano medio, cunha roupa basta, de loito, que tapaba todas as formas, cun moño cano, caído, funcional e desfavorecedor; coa cara lavada e cuberta de engurras, sen chisco ningún de vaidade no xesto e que expoñía unha tristura desoladora mentres miraba ao público de fronte. Inmediatamente lembreime da miñas bisavoas.

Mufest, unha viaxe que continúa (I.V.E.)

Xa estamos de volta como cada ano, intentando darlle continuidade a este proxecto que é o MUFEST, un festival de cine feito por mulleres que desde o ano 2009 pretende amosar obras feitas por cineastas mulleres de todo o mundo na cidade de Santiago. Pese a estarmos a piques de celebrar a terceira edición e considerando que a cousa debería por lóxica fluír, parece que as dificultades aumentan. Malos tempos para a lírica, que dirían os de Vigo; e parafraseando, malos tempos para o cine ou para as artes en xeral.

Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos (Ánxela Caramés)

Baixo o título «Suxeitos emerxentes: sexualidades e feminismos contemporáneos» celebráronse unhas xornadas de conferencias, debates, proxeccións audiovisuais, arte e teatro, cunha grande asistencia de público no marco universitario. Tiñan como propósito fundamental dar a coñecer as novas correntes teóricas e prácticas do pensamento crítico feminista e dos movementos de liberación sexual actuais.

Libros: MOREDA Eva: AVeiga é como un tempo distinto, Vigo, Xerais de Galicia, 2010 (Patricia Arias Chachero)

Os nosos parabéns para Eva Moreda e a súa última novela A Veiga é como un tempo distinto, gañadora do Premio Terra de Melide 2010. A autora deseña nesta obra unha trama sinxela, narrada sen pretensións, pero con moita desenvoltura e fluidez. A novela, que atrapa desde as primeiras páxinas, é unha historia de mulleres contada en primeira persoa por unha voz masculina…

Filmes :

– Digna rabia (Laura Gómez Lorenzo)

Pouco a pouco, máis alá da cativa axuda de luz e taquígrafos que proporcionou a lei de Memoria Histórica española, os sectores máis concienciados da sociedade civil estanse a encargar de facer o proceso de revisión sobre a guerra e a ditadura que os sucesivos gobernos democráticos aínda non asumiron. Este é o caso do documental Digna rabia, un dos contados que se teñen realizado sobre a memoria das mulleres galegas, que comprende entrevistas de vinte e cinco mulleres pertencentes a tres xeracións.

– No tengas miedo (Patricia Arias Chachero)

Non é fácil atopar unha película realmente valente e esta éo, inda que só sexa polo tema que aborda: o abuso sexual a menores.
En No tengas miedo Montxo Armendáriz, o director, cóntanos a historia de Silvia, unha moza que tenta romper co seu pasado e superar o drama dos abusos sexuais aos que a leva sometendo desde que era nena o seu pai. O abusador, interpretado por Lluís Homar, é un home aparentemente amable e educado en quen a nai da rapaza, interpretada por Belén Rueda, ten delegado a educación da filla de ambos.

Musica:

– Leilía “Consentimento” (Laura Gómez Lorenzo)

A formación de veteranas pandereteiras vén de editar o seu último traballo, Consentimento, dedicado a Eva Castiñeira, cantareira e pandereteira muxiana, xa falecida, que comenzou a cantar desde nena un repertorio de pezas da tradición oral. Toda a música deste disco é tradicional, decantada con modernos arranxos e acompañada por letras diversas, algunhas tamén tradicionais xunto ás de sete escritoras actuais galegas: Mariña Pérez Rei, Ana Romaní, Marilar Aleixandre, Ana Amado, Yolanda Castaño, Eva Moreda e Eva Veiga.

CONTRAPORTADA

Leonora Carringtonnaceu en Lancashire (Inglaterra) o 6 de abril de 1917. Filla dunha irlandesa e dun aristócrata inglés, foi unha nena fantasiosa e excéntrica que conectaba cos animais e a natureza. A pequena identificábase cunha egua salvaxe e configuraba o seu mundo coas historias que lle contaban a súa avoa e a súa aia irlandesas nas que os sidhes celtas tiñan un destacado papel…

(ver máis)

Ultimo número á venda
nº 59 inverno 2011-12

SUBSCRIPCIÓNSubscribirte é a mellor forma de contribuir a espallar e manter a revista
Desde o ano 1983 até agora andaina ten as súas páxinas abertas aos debates do feminismo, as denúncias pola discriminación, ao intercambio de experiéncias. Unha revista feita por mulleres feministas desta parte do mundo que se chama Galiza.

   Contraportada (andaina 59)   

(Ir ao principio)

Leonora Carrington naceu en Lancashire (Inglaterra) o 6 de abril de 1917. Filla dunha irlandesa e dun aristócrata inglés, foi unha nena fantasiosa e excéntrica que conectaba cos animais e a natureza. A pequena identificábase cunha egua salvaxe e configuraba o seu mundo coas historias que lle contaban a súa avoa e a súa aia irlandesas nas que os sidhes celtas tiñan un destacado papel. Estaba destinada a medrar como rica herdeira dun magnate da industria téxtil e facer un bo matrimonio, pero o seu espírito rebelde e desafiante levouna a enfrontarse ao pai e a nai, a institutrices, monxas, convencións sociais e ataduras relixiosas, conseguindo entrar na academia de arte Ozenfant de Londres en 1936.
O ano seguinte coñeceu ao pintor alemán Max Ernst, quen contaba daquela con 47 anos e bastante sona como pintor surrealista. Coincidiron pouco despois nunha viaxe de Leonora a París e estableceron unha relación sentimental. Deste xeito, entrou en contacto co círculo surrealista. En 1938 escribiu un conto titulado La maison de la peur e participou con Ernst na Exposición Internacional de Surrealismo en París e Amsterdam. Ese mesmo ano trasladáronse a vivir (malia que el estaba casado) ao sur de Francia, a unha aldea chamada Saint-Martin-d’Ardèche, onde restauraron unha casa, moldeándoa de xeito fantástico coas súas propias mans. Cultivaban un viñedo e unha horta, pintaban, esculpían…, Leonora seguía a escribrir, La dame ovale (1939).
Ambos formaban parte, xunto con outros surrealistas, do movemento de intelectuais antifascistas Künstler Bund. En 1939 Max Ernst foi detido, declarado inimigo do réxime de Vichy e recluído no campo de traballo Les Milles. Leonora sufriu entón un desequilibrio psíquico. Ante a ocupación nazi de Francia viuse obrigada a fuxir. O seu pai proporcionou os cartos, os documentos e o acompañante que posibilitaron a súa chegada a unha España destruída pola guerra. Nas rúas, nos cafés, nos hoteis de Madrid Leonora clamaba contra alianza fascista de Franco-Hitler-Mussolini, manifestando un comportamento estrambótico. Por indicación do seu pai, foi trasladada a un sanatorio mental en Santander, traumática experiencia que procurou exorcizar no libro autobiográfico En bas (1944).
Conseguiu saír do manicomio cunha vixiante rumbo a Madrid, onde atopou ao escritor e diplomático mexicano Renato Leduc, a quen coñecía do círculo surrealista, citándose con el en Lisboa. O pai dispuxera levala a Estoril e de alí a outro sanatorio en Sudáfrica, pero, unha vez en Portugal, Leonora rompeu o cerco paterno e reuniuse con Renato na embaixada de México. En Lisboa coincidiu con Max Ernst, quen xa establecera relación sentimental coa coleccionista e mecenas Peggy Guggenheim. Leonora casou con Renato en 1941 para poder saír cara a América. Viviron en Nova York, onde el tiña o seu seguinte destino; nesta cidade Leonora frecuentou o círculo de artistas exiliados que rodeaban a Peggy Guggenheim.
En 1942 marcharon a México e divorciáronse o ano seguinte. Leonora estableceu nese país a súa residencia frecuentando aos artistas e intelectuais europeos no exilio: Benjamin Péret, Alice Rahon, Wolfgang Paalen, Esteban Francés, Kati e José Horna… e Remedios Varo, con quen mantivo unha fonda e fecunda amizade ata a morte da pintora española. En 1946 casou co fotógrafo xudeu húngaro Emrico, Chiki, Weisz (axudante de Robert Capa), con quen tivo dous fillos, Gabriel e Pablo.
Refuxiada no seu círculo íntimo e pouco amiga de entrevistas, Leonora Carrington realizou unha extensa obra, publicou unha decena de libros, realizou óleos, táboas, murais, ilustracións e grandes esculturas de bronce nos últimos anos.
Recibiu, entre outras distincións, a Orden do Imperio Británico da raíña Isabel II e o Premio Nacional de Belas Artes outorgado polo goberno mexicano en 2005.
Morreu na Cidade de México o 25 de maio de 2011, aos 94 anos, sendo enterrada no panteón inglés.
————————————————————————————————————————
Para saber máis:
CARRINGTON, Leonora: Memorias de abajo, Madrid, Siruela, 1991.
PONIATOWSKA, Elena: Leonora, Barcelona, Seix Barral, 2011.

Principio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s