Pencha Santasmarinas finou o pasado domingo 31 de marzo, aos 75 anos. Feminista, solidaria, intelixente, lúcida, formada, valente, activista e activa, enérxica, atreveuse a soñar e a materializar soños. Déixanos un importantísimo legado organizativo no agro e no marisqueo galego, constituíndo un motor no proceso de profesionalización das mariscadoras. Foi unha pioneira, un referente no feminismo do país e para moitas de nós. Desde o corazón, grazas, Pencha! Foi unha honra coñecerte!
Entrevistada en Andaina, núm. 54 (2010)
TVG (2017)