SENLLEIRAS libro de Antía Yáñez

41tfr2bmstyl._sx326_bo1204203200_ANTÍA YÁÑEZ, Senlleiras

Editorial Galaxia, Vigo, 2018, 353 páx.

Sara Doval Martínez

Unha novela sinxela e rápida de ler. Conta dúas historias terribles e machistas. Unha delas, á súa vez, ten outras dúas por detrás.

O primeiro relato é o de Alda Freixeiro. Unha moza nova que deixou os seus estudos de Comunicación Audiovisual na Coruña. Agora ten un blog de moda, e tras unha viaxe a Madrid, na que coñece a Bietio, decide que vai casar con el-

Á súa mellor amiga, Navia, non lle parecía ben que casase tan cedo e menos cun home que case non coñecía. Navia vía algo raro en Bieito.

Cando Alda e Bieito casan marchan a vivir xuntos. Os primeiros días de convivencia foron moi ben. Ao pasar un tempo, Bieito comeza a controlarlle todo a Alda, incluso cando marchaba de viaxe, contrataba a maquilladoras, fotógrafas e estilistas para que tivesen a Alda ocupada e non se vise con ningún home.

Bieito maltrata a Alda psicoloxicamente, pero nunca fisicamente; ata que un día chegou a casa borracho e comeza a pegarlle.

Tempo despois, Bieito enterouse de que Alda lle ía pedir o divorcio e pensaba marchar da casa. El, que está en Madrid, volve de inmediato para interromper os plans de Alda. Tras unha forte discusión, termina matándoa e finxe que cando el chegou á casa, ela xa estaba morta.

A segunda historia é a de Alana, unha moza que, a comezos do século XX, marcha coa súa nai a traballar para a casa dunha parella adiñeirada. Pasados uns anos, Alana fixo mellor unha tarefa de no xardín que o propio xardineiro e por iso foi premiada pola dona da casa. Entón, o xardineiro, enfadado, tentou violala.

Alana non tiña pai. Iso era o que lle dicía a súa nai. Pronto descubre que naceu froito dunha violación. Alana mais a súa nai recollen ao fillo do violador para que non o matasen. A nai do mozo, debe separarse del porque teme que o seu pai acabe mallándoo e mesmo matándoo.

Pasado o tempo, Alana casa cun xornalista. Ao principio todo ía ben, ata que o home lle comeza a pegar e a maltratala. Prohíbelle que lea, que escriba e que mantivese correspondencia coa única amiga que fixera durante os anos de casada.

Alana escapa e volve uns meses despois a casa para recuperar un libro ao que lle tiña moito aprecio. Entra na casa, pensando que o seu home tardaría en regresar pero el volve pronto e a sorprende. Mata a Alana e mentres observa risoño o cadáver, a nai de Alana, mátao a el.

A vida de Alada, transcorrera no piso no que Alana moreu. A primeira historia está ambientada en 2017 e a segunda en 1923.

A mensaxe que nos quere transmitir a autora é que a pesar de que os relatos teñen case cen anos de diferenza, hoxe ocorre practicamente o mesmo. Nun século a sociedade non conseguiu avanzar demasiado. Mágoa que este libro teña que existir.

É terrible pensar que non é unha simple novela ficticia, aínda que as historias sexan reais, a diario, milleiros de mulleres son maltratadas e moitas delsa morren a mans dos seus maridos ou exparellas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s