“A fonte das mulleres”, cinema a prol da igualdade de xénero

O novo filme do director romanés Radu Mihaileanu é o primeiro que se estrea nas salas de cinema do Estado español coa calificación de “especialmente recomendada para a igualdade de xénero”, creada polo ICAA.

Relátase a historia da loita de sexos dentro dunha comunidade árabe, na que se chega a praticar unha especie de folga de amor. Inspirada nuns feitos reais acontecidos en Turquía en 2001, a acción ten lugar nunha pequena aldea, entre o Norte de África e Oriente Medio, onde a tradición exixe que as mulleres vaian procurar auga á fonte que nace no alto dunha montaña baixo un sol de xustiza. Foi asi desde hai séculos e ninguén se atreveu nunca a violar esta costume cuxo orixe vén do comezo dos tempos. Mais un día, Leila, unha muller casada propón ás outras mulleres un plan para rematar coa rancia tradición: non compracerán sexualmente aos seus esposos até que estes as axuden no traslado de auga até a aldea.

E para saber máis ide ao cinema!

Deixar un comentario