A Agrupación de Mulleres Xornalistas de Santiago crea premios para favorecer a igualdade e a loita contra a violencia de xénero

Dibujo

Áurea Sánchez*

Na Agrupación de Mulleres Xornalistas de Santiago (AMX) cremos que a mellor maneira de contribuír á igualdade de xénero, é premiando traballos que sexan exemplares, nos que a sociedade se vexa reflectida e onde a profesión xornalística poida tomar nota de como se deben enfocar os temas referidos á igualdade de oportunidades  de mulleres e homes. Por iso creamos a Mención Xornalística pola Igualdade de Xénero, que imos outorgar, cadrando co 8 de marzo, a unha entrevista, reportaxe, noticia, artigo ou editorial que promova a igualdade a través dos medios de comunicación.

Nesta mesma liña, imos propor unha Mención Xornalística contra a Violencia de Xénero, que se outorgará coincidindo co 25 de novembro.

Solicitamos a colaboración do público en xeral e do interesado neste tema en particular, para que nos manden propostas publicadas, emitidas ou difundidas, principalmente en Santiago de Compostela, que é o noso ámbito de actuación, e, en calquera caso, serán benvidas as que se ofrezan desde calquera medio de comunicación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Daremos as mencións a traballos xornalísticos que estean publicados e sometidos ao criterio das persoas lectoras, oíntes e espectadoras en xeral. Queremos que sexan mencións compartidas e libremente merecidas por quen se comprometa desde o xornalismo coa igualdade de xénero.

Estamos convencidas de que para erradicar a violencia contra ás mulleres temos que acadar maiores cotas de igualdade, razón pola cal vinculamos un obxectivo co outro, nas nosas propostas.

Aspiramos a un xornalismo que estea acorde coa sociedade na que vivimos. Os anhelos da cidadanía son que non haxa violencia de xénero, nin brecha salarial, nin desigualdade de ningún tipo. O xornalismo comprometido coa igualdade e contra a violencia de xénero, ha de chamar a atención sobre calquera atranco que impida o cumprimento dos obxectivos marcados. Sexa unha inxusta representación de xénero ou calquera tipo de violencia menor na que non reparen os poderes públicos, organizacións ou particulares.

*             Áurea Sánchez é a presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas (AMX) da Asociación de Periodistas de Santiago (APSC).

amxornalistas@gmail.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s