Visibilizando a metade da poboación

Dar visibilidade ao 50% da poboación, sexa cal sexa o seu sexo, e solucionar problemas de ambigüidade na comunicación, dúas claves que obrigan ao coñecemento e utilización da linguaxe non sexista, se cabe con máis atención no ámbito universitario. Así o entenderon o Servizo de Normalización Lingüística e a Oficina de Igualdade de Xénero da USC, que acaban de editar unha guía de criterios destinada a toda a comunidade universitaria.
Esta guía pretende ser un apoio no labor de redacción e creación textual, en especial para as persoas nas que recae a responsabilidade de difundir información institucional. Trátase de dar un paso máis aló e fuxir do tradicional uso do masculino como xénero non marcado, que invisibiliza as mulleres e a súa intervención na sociedade.
“Todo, para restituír a orde xusta na sociedade”, como reivindicou Teresa Moure na presentación. “Unha lingua onde priman as formas masculinas acaba por falar dun modo exclusivamente masculino”, dixo, e desexou que esta sexa “a primeira guía dunha longa listaxe de publicacións a prol da igualdade”.
Substituír ‘alumno’ por ‘alumnado’, ‘os lectores’ por ‘quen le’, ‘algún dos presentes’ por ‘ alguén’ ou ‘traballador’ por ‘cadro de persoal’ son algunhas das propostas que ofrece esta guía universitaria, que distingue entre textos narrativos ou descritivos e os tradicionais normativos, científicos ou formularios. Trátase, explicou Alba Cid, de que a lingua “non quede presa en usos que non definen ás mulleres”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s