Entrevista a Aurora Marco en Radiodifusión sobre o seu libro sobre mulleres na guerrilla antifranquista

“Invisible e fundamental” foi a achega feminina á resistencia antifranquista, segundo constatou a profesora da Universidade de Santiago Aurora Marco tras unha investigación de cinco anos. “As mulleres constituíron a columna vertebral da guerrilla galega”, asegura, aínda que foron moitas máis as que exerceron de enlace que as que subiron ao monte. As guerrilleiras trataban de meter armas no cárcere, proporcionaban comida e alimentos, abrían casas de apoio, avisaban dos movementos da Garda Civil, enviaban notas… Todas estas tarefas, argumenta Marco, foron as que permitiron a supervivencia da loita contra a ditadura durante unha década.

A investigación de Aurora Marco plásmase no libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, editado Laiovento, no que se recolle a historia de máis de 200 guerrilleiras. O traballo serviu tamén de base para o documental As silenciadas, centrado en seis desas loitadoras antifranquistas. O filme, dirixido por Pablo Ces, acaba de ser galardoado co premio Memòria i Justícia Universal no III Festival Internacional de Dereitos Humanos de Santa Coloma de Gramenet.

Ligazon á entrevista en audio

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s