ORANGE IS THE NEW BLACK

10-awesome-facts-about-the-latina-girls-on-orange-is-the-new-black-mainphoto

Orange Is The New Black é unha serie orixinal de Netflix , con catro tempadas e a punto de saír a quinta. Esta serie está baseada en feitos reais que son narrados por Pipper Kerman no seu libro autobiográfico Orange Is the New Black: Crónica de mi año en una prisión federal de mujeres .

Hai dúas protagonistas principais que son Piper Chapman (Taylor Schiling) e Alex Vause (Laura Prepon) que foron amantes durante un tempo, durante o que as dúas cometeron delitos relacionados co narcotráfico e por iso tiveron que ingresar no cárcere. Xusto antes de entrar na prisión, Piper ten unha vida ideal e perfectamente normalizada co seu compañeiro.

Ao longo da serie hai flashbacks nos cales aparece o pasado de cada unha das reclusas e o motivo polo que acabaron na prisión de Litchfield , que case sempre é o mesmo: droga. Unha das historias máis impactantes é a de Sophia Burset (Laverne Cox) , que é unha actriz e activista transexual africana que na prisión axuda as súas compañeiras traballando na peluquería. Na gran maioría dos capítulos pódense ver a discriminación que sufre e todas as dificultades que tivo que superar e segue superando por ser quen é.

Aparecen todo tipo de mulleres , incluso unha monxa, pero destaca a presenza de hispanoamericanas. Os homes limítanse a ocupar os papeis de autoridade machista. Na prisión fórmanse grupos , normalmente relacionados coa orixe étnica. As que menos representación teñen son as mulleres maiores e as asiáticas, que se integran no grupo que as acolla. Varias das reclusas teñen fillxs menores de idade e algunha ten que dar a luz no cárcere. Unha das presas ten unha filla cun dos gardas e este desaparece. En case todo momento os gardas dedícanse a insultar, maltratar, discriminar, acosar e chantaxear ás presas.

A gran maioría do tempo o pasan traballando como cociñeiras, electricistas , atendendo o supermercado ou a biblioteca. En ningún momento reciben formación para cando saian e iso é un problema porque pode levalas a cometer un delito de novo , o que implicaría a súa volta para a prisión.

O que queda claro nesta serie é que non deteñen aos grandes narcotraficantes, senón ás mulleres pobres que arriscan a súa vida movendo droga e diñeiro para gañar cartos e alimentar á súa familia. Esas mulleres acaban pasando anos e anos na prisión sen ningún tipo de axuda nin de expectativa de reinserción.

María Araújo Pires

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s