Presentámosvos a través deste post e con estas imaxes da última xuntanza ao xurado do Mufest composto por (de esquerda á dereita na imaxe superior) a Cora Peña, directora e realizadora de documentais, Renata Otero, artista multidisciplinar, formadora e investigadora de xénero, Laura Gómez, editora e integrante do Consello de Redacción da revista galega de pensamento feminista Andaina, Silvia Modia, subdirectora do Auditorio de Galicia, e Marta Piñeiro, directora e realizadora de series de televisión e documentais.
Estas mulleres foron as encargadas de avaliar as longas, curtas e documentais que chegaron nesta IV edición de Mufest, festival de cinema feito por mulleres, para determinar o palmarés, agás o premio do público, que será decisión das persoas que participen das proxeccións que terán lugar do 10 ao 13 de marzo tanto no Museo Das Peregrinacións e de Santiago como no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Desde aqui o noso agradecemento polo seu tempo, por ser parte activa deste encontro audiovisual e feminista, e por poñer en común coñecementos e debates para a ocasión.