Tras tres edicións no 2009, 2011 e 2012, Andaina. Revista Galega de Pensamento Feminista organiza o IV MUFEST (Festival de Cine feito por Mulleres). Trátase de ofrecer un espazo onde se visibilice, difunda e promocione filmes realizados por mulleres.
O MUFEST será un espazo de encontro, diálogo e reflexión sobre o papel da muller nesta industria cinematográfica, tendendo pontes con outros festivais de cine de mulleres e pretendendo posicionarse coma un festival de referencia en Galicia e España.