7 N – Nosoutras tamén imos!!!!

Nosoutras tamén imos!!!! O 7 de novembro, ás 12:00 da mañá hai unha manifestación en Madrid. Mulleres, colectivos feministas e organizacións mixtas de todo o territorio español marcharemos para esixir que a loita contra as violencias machistas sexa tratada como unha prioridade nas axendas políticas. Tamén nosoutras nos sumamos a esta marcha. No que levamos…

30 anos da Festa da Palabra

A FESTA DA PALABRA SILENCIADA Núm. 29 118 páxinas Edita Figa. Colabora Xunta de Galicia Cuberta e ilustracións: Rut Martínez Por Patricia Arias Chachero O pasado 8 de marzo, presentouse o número 29 da Festa da Palabra Silenciada. Poucas semanas faltaban para que a senlleira publicación feminista, que viu a luz cadrando coas Letras Galegas…

Despedimos a Begonha

O pasado día 28 de outubro, despedimos a Begonha Caamañho, muller valente e apaixoada, sempre comprometida con todas as causas solidarias e especialmente co feminismo, ao que en moitas ocasións prestou a súa imaxe e voz en actos públicos. Xornalista e novelista, contadora de historias como lle gustaba dicir, deixa tamén unha pegada importante na…

POLBEIRAS

por Patricia Arias Chachero Nunha sociedade que tende a colocar substantivos e adxectivos masculinos acompañando os nomes propios de muller, é imporante lembrar que desde antigo existiron en Galicia profesións que tan só se designaron en feminino. Costureiras, comadroas, palilleiras, lavandeiras, mariscadoras, leiteiras ou tecedeiras, forman parte do abano de traballos que tradicionalmente desenvolvemos tan…

Contraclube do comic, putas e puteros.

  As reivindicaçons ante a perda dos avances logrados nos Direitos das mulheres estám à ordem do dia. Assistimos à perda de direitos laborais, sexuais e reprodutivos, assim como também ao aumento da violência contra nós. Como  afeiçoada da Banda Desenhada, hai umha semana  dei em colher da biblioteca dous romances gráficas, feitas por homens,…

AS NON CALADIÑAS

  O ABORTO É UN DEREITO UNHA CONVOCATORIA DA PLATAFORMA GALEGA DE COMPOSTELA POLO DEREITO AO ABORTO Onte fixémolo de marabilla! Unhas máquinas! Unha panda de artistas! Si, señoras! A nosa máis sincera noraboa!  Honramos ás nosas devanceiras -e a algunhas coetáneas- con toda a pompa e boato que se merecen.  O luns santo, despois…