Baltar noxento, si, porén non polo sexo

José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, fillo de Xosé Lois Baltar, anterior presidente desa mesma Deputación ao longo de 25 anos (1987-2012). Membros ambos do emporio político Baltar, na provincia de Ourense, que dirixían desde a presidencia provincial do PP, que o fillo herdou do pai, como quen herda unha leira, unha braña…