Programa e toda a información sobre o IV MUfest, festival de cinema feito por mulleres

Desde hai meses estamos a traballar na IV edición do Mufest, festival de cinema feito por mulleres, que desde Andaina organizamos en edicións anteriores. O MUFEST, de feito, celebrou tres edicións, no 2009, no 2011 e no 2012. Naceu coa idea de facer unha exhibición, unha mostra de filmes feitos por mulleres máis que como un festival competitivo. Mais foron tantos os filmes que chegaron, non só de galegos e de todo o estado español, senón alén das nosas fronteiras, creativos e de calidade, e vendo que dentro do noso país non existía un festival destas características, que desde Andaina nos vimos impulsadas a continuar e organizar un festival no que puidésemos promover e impulsar ás novas creadoras.

Por iso, do 10 ao 14 de Marzo contaremos coa proxección de 18 filmes feitos por mulleres a nivel galego e internacional, con dúas mesas redondas que darán lugar ao debate e á reflexión e con moitas máis sorpresas, como gala de premios, un concerto coa Banda da Loba e Pansenfron, e todas as actividades son de libre acceso.

Tamén do 11 ao 13 de marzo, e no marco deste festival, terá lugar un obradoiro de contrapublicidade feminista impartido por Renata Otero, onde aínda queda algunha praza para anotarse! Na última xornada do festival proxectarase unha selección dos traballos realizados neste obradoiro.

Nesta mostra tamén haberá espazo para o debate e a reflexión feminista o martes 10, ás 18.15, no Museo das Peregrinacións, cun encontro de festivais de cinema feitos por mulleres, do que participarán a Mostra Internacional Films de Dones de Barcelona, a Muestra Internacional de Cine y Mujeres de Pamplona,Olhares do Mediterrâneo Women Films Festival de Lisboa, e nós mesmas co noso Mufest.

O sábado 14, neste mesmo emprazamento e ás 18, terá lugar unha interesantísima mesa redonda sobre o sector cinematográfico galego desde unha perspectiva de xénero con Olga Osorio, directora e guionista, Araceli Gonda, guionista, e Nati Juncal Portas, produtora, para debater sobre a situación actual do audiovisual galego desde a súa ollada como mulleres e traballadoras do sector.

No festival haberá espazo para a gran gala e entrega de premios (as lindísimas zocas lilás de Eferro), no Teatro Principal o venres 13 a partir das 20.30, e mesmo unha festa de clausura coa A banda da Loba e Pan Sen Fron na Sala Capitol.

Todas as actividades son gratuitas e de libre acceso.

Nos próximos días continuaremos a debullar polo miudo tanto aqueles filmes, docus e curtas que poderemos visionar no Mufest, así como máis info sobre xurado ou as participantes das distintas mesas.

Contamos contigo?

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s