Xa podedes consultar online o novo artigo que desde Andaina lanzamos no noso apartado de “Irreflexivas”, na estupenda Revista Luzes, proxecto irmán do que tanto gostamos e ao que sempre lle desexamos éxitos e moita máis visibilidade polo ben da pluralidade e a calidade do xornalismo en galego.
Desde este espazo en Luzes sempre tentamos aportar a nosa ollada feminista, cun chisco de retranca e humor,. Nesta semana o artigo leva o título de “Sexo, matrimonio e a Conferencia Episcopal”. E é que “as vodas civís superan xa ás canónicas desde 2017 en Galicia, segundo as estatísticas dispoñibles. Agora, a Conferencia Episcopal Española propón un mestrado de entre dous e tres anos de duración en sesións de quince dias”. E se queres saber como continúa o artigo clica aqui