Comeza a inscrición para o curso de contrapublicidade feminista do Mufest

Informámosvos que desde o 13 de xaneiro está aberto o período de inscrición ao noso Obradoiro que, baixo o título “Levando a contraria, unha iniciación lúdica á creación audiovisual”, impartirá Renata Otero, no marco do IV Mufest, festival de cinema feito por mulleres, organizado por Andaina, e que decorrerá na cidade de Santiago de Compostela na segunda semana de marzo, e na que xa sabedes que estades convidadísimas a participar e asistir!

Renata Otero é unha formadora, artista multidisciplinar e investigadora de xénero. Traballa a cuestión da identidade desde hai máis de 30 anos e participa en iniciativas feministas a cotío, como na nosa revista. Se clicades enriba destas liñas podedes acceder a alguns dos seus interesantes artigos publicados e difundidos tamén a través da nosa outra páxina, na que temos un arquivo con moitos dos nosos números anteriores disponíbeis para descargar.

Este curso de iniciación á creación audiovisual encamiñara a súa actividade á realización de curtas de contrapublicidade feminista. A data do mesmo será 11, 12 e 13 de marzo na Casa das Mulleres Xohana Torres, Compostela, en horario de 16:30 a 18:30. Está dirixido a persoas de todas as idades e temos 30 prazas para este curso, que cubriremos segundo orde de chegada da inscrición.

Se vos queredes anotar enviade un mail a info@mufest.org cos seguintes datos:

  • Nome e apelidos
  • Correo electrónico
  • Teléfono de contacto
  • Ano de nacemento

Bulide! O audiovisual con perspectiva feminista agarda por vós!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s