MEMORIAS CALADAS

Memorias Caladas 

Memorias Caladas é, no seu núcleo, a parte práctica dunha das nosas materias de primeiro de Comunicación Audiovisual. Pero dende a selección do tema, ata que finalmente presentamos a peza ante a clase, o proxecto converteuse en moito máis. 

Ante a proposta de realizar un traballo sobre o patrimonio cultural en risco de desaparición, nós tiñamos claro que queriamos mostrar á xente a historia do feminismo galego durante o século pasado, de onde xurdiron numerosos dereitos que, hoxe en día, damos por supostos. Esta semente era tan ampla que non acabou de xerminar ata unha conversa con Encarna, Rosa e María no Museo do Pobo Galego. Elas faláronnos da odisea que supoñía abortar fai poucos anos (legal ou ilegalmente), dispoñer de educación sexual en condicións ou incluso acceder a anticonceptivos de calidade. Ante o noso propio descoñecemento sobre aquela realidade, soubemos que tiñamos que adentrarnos nesa parte da historia. 

Co documental, inicialmente buscabamos dar un medio para que mulleres que viviron de primeira man as dificultades do aborto clandestino puideran compartir as súas historias. Esta intención primeriza é probablemente a única espiña que nos quedou cravada ao rematar o traballo xa que, aínda que por motivos comprensíbeis, case non dimos atopado persoas dispostas a rememorar e contar estas experiencias en público. Porén, houbo outras tantas, que provindo de distintos ámbitos da loita pola liberación e coñecemento sexual da muller, dende a sanidade á ensinanza e o activismo político, compartiron o sentimento e vocación concienciadora da obra. 

A peza final desborda coas súas vivencias, reflexións e unha vocación difusora e reivindicativa que, indiscutiblemente, constitúe a alma deste traballo. Son as voces de tódalas persoas entrevistadas, as que conforman o relato, as que narran eses sucesos e loitas, algunhas más coñecidas ca outras, pero todas fundamentais, para construír unha conciencia baseada na equidade e que respecte os dereitos fundamentais de todos os individuos da sociedade. 

Realizar este vídeo posibilitounos escoitar a xente con moito que dicir, historias incribles, sensibilizarnos ante os retos profesionais e persoais aos que se enfrontaron, pero tamén vernos recoñecidas ante os obstáculos que aínda temos que afrontar. Todo isto da man da oportunidade de coñecernos máis entre nós e poder aproveitar ao máximo as cualidades de cada unha. 

Con este traballo, esperamos abrir ollos e mentes, homenaxear a quen tenazmente nadou contracorrente en tempos difíciles e, sen esquecer, visibilizar todas esas memorias que aínda permanecen caladas. 

Con moito cariño, esperamos que o desfrutedes, 

Andrea, Aida, Blanca, Sara e Yoo Jin 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s