EN NOME DO NOSO FEMINISMO, NON!

movimiento-feminista-e1538669896851Se nós fósemos un colectivo de homes sensibilizados coa loita feminista e nos convocasen para unha reunión na que se vai tratar o tema, seguramente acudiriamos. Se cando chegásemos nos fixesen subir a unha habitación onde hai máis de cen fotografías de homes pegadas nas paredes e un grupo de mulleres nos pedise que sinalásemos a aqueles que consideramos agresores, probablemente quedariamos bastante desconcertadas. Se algúns dos homes que asisten a esa reunión comezasen a marcar as fotografías, inculpando a persoas e autoinculpándose, o noso malestar iría a máis. Se a seguir algunha das convocantes lese unha “Declaración de guerra” na que se acusase a todos os homes de agresores e a continuación comezasen a agredir a algúns dos asistentes, o clima comezaría, cando menos, a inquietarnos seriamente. Se para abandonar o lugar, tivésemos que atravesar un corredor feito por persoas que nos cospen, nos dan patadas e nos insultan a medida que imos pasando, probablemente dubidaríamos da veracidade do que estamos vivindo.

Como nós non somos ese colectivo de homes, somos un colectivo de mulleres que levamos moitos anos na loita feminista, vémonos na obriga moral de expresar por escrito que consideramos que é perigoso e moi preocupante, confundir o plano estrutural co individual. Cómpre asumir, con responsabilidade, o noso papel na loita contra o machismo e as súas violencias e rexeitamos a validez de propostas que pretenden construír a partir da idea de que todos os homes son violadores ou que todos os homes están programados para agredir. Por suposto que hai individuos que agriden; que agriden, que matan, que violan… e claro que deben pagar polos seus actos, pero criminalizar a suxeitos concretos non é a solución e libera de responsabilidades ao sistema. A loita feminista contra o sistema heteropatriarcal debe incluír os homes, eles son parte imprescindible da mudanza que tanto precisamos. O violador, o agresor, non o esquezamos, son síntomas visibles dun mal social, complexo e profundo, que nos afecta a todas… e a todos!

Estamos, como non, conformes con que a xustiza, reflexo da sociedade, é machista (e clasista, racista, eurocentrista…); pero non partillamos a idea de que a xustiza feita por mulleres teña que ser necesariamente boa nin necesariamente feminista. Afirmar que todo é violencia e que é a agredida a única quen ten lexitimidade para definir o que é unha agresión seméllanos preocupante. Se falamos no terreo estritamente persoal por suposto que si, calquera muller pode sentirse ofendida por unha mirada, por unha palabra… pero sobre a percepción individual non se poden crear leis porque serían, con moita probabilidade, inxustas e mesmo imposibles. Todas as vítimas senten dor e todas as leis deben ser pensadas desde a serenidade. É doado deducir que tampouco nos enche a idea de “a xustiza pola man”:

Cremos, finalmente, que a linguaxe que empregamos cando construímos o discurso feminista é relevante porque nos define e nos fai seguir adiante. Un mal uso pode ser un arma perigosa que se volva na nosa contra. Lamentamos sinceramente ter que expresarnos nestes termos pero ás veces, non é que non nos identifiquemos con determinados actos ou expresións, é sinxelamente que o desconcerto e o desgusto obrígannos a aclarar que ese non é o noso feminismo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s