De aseos e baños públicos

IMG-20190303-WA0011O binarismo home muller é poderoso e está por todas partes; de sorte que as persoas que non se senten  pertencentes a un deses dous grupos pásano mal porque teñen dificultades para se ubicar e sentirse integrados e incluídos nos espazos sociais. Tamén o pensamento patriarcal ten asignado tarefas e asociacións de sorte que ás mulleres se lle apoñen coidados de persoas con dificultades ou dependentes, mentres  que os varóns parece desprenderse que levitan por riba das continxencias e realidades da vida.

Unha das ocasións para observar mundo, é reparar nos aseos ou baños públicos dos que facemos uso con tantísima frecuencia.

Se formas parte das persoas transexuais ou das persoas interxénero, dubidas e vacilas diante das portas dos servizos etiquetados cos máis diversos sinais que aspiran a facer referencia a varón e muller. Mesmo es obxecto de reprobación en ocasións por facer uso dun da túa elección que miróns ou garantes da orde binaria, non consideraron acaídos para o aspecto ou figura que interpretan dun dos xéneros marcados.

Que dicir dos arquitectos ou albaneis que deseñan ou constrúen eses servizos?  

Os que asignan a mulleres están pensados, en moitísimos casos, por e para membros da orde do pene que entran no servizo e mexan de pé e de costas á porta, sen necesidade de virar nin revirar, sentar ou baixar prendas de roupa en tan reducido espazo. Non é a menor das molestias nestes aseos encaixarse co manexo da porta unha vez dentro  para non quedar aprisoada entre ela e o retrete.

Noutra boa cantidade de ocasións, os servizos de mulleres inclúen o sinal da cadeira de rodas e os cambiadores de bebés; dando por feito que imos sempre no lote. Quen cambiará aos bebés? elas, nós, as mulleres. Se hai varóns -que os hai- que queren cambiar os cueiros dos seus bebés teñen un dilema importante. Entrar nos servizos de mulleres -como fan algúns- expoñéndose ás miradas das mulleres presentes. De loanza  unhas e outras desaprobadoras, ou mesmo tinxidas de reproche.

Resulta, sen embargo, enigmático que as persoas con diversidade funcional se asocien aos servizos de mulleres en tantos aseos. Será interesante coñecer a lóxica que ten  levado a este resultado. Sabemos que collen moi diversas interpretacións,porén é a lóxica, ou a falta da mesma, o que resulta inquietante.

Hai cousas que van mudando grazas á forza e ao empurre dos movementos feministas e de liberación sexual; e hai ordes e leis, nalgúns lugares, que promocionaron os Servicios sen Xénero que son menos discriminatorios e máis inclusivos. En EEUU de Norte América, con debates ao máis alto nivel, por exemplo. Claro que houbo e hai resistencias porque as tradicións, e máis cando tocan óso, son difíciles de cambiar pero son fendas que se van abrindo e debilitan. aínda paseniñamente, o edificio social do binarismo xenérico.

Tamén hai campañas solicitando que os servizos de varóns, onde se manteñan, inclúan  cambiadores de bebés porque as crianzas son cousa de quen se ocupa delas: en calquera grao de parentesco ou coidado. Isto axuda a romper a idea de que son tarefas femininas e sinaladamente das nais.

Desde os nosos ollos observadores, é moi grato e sorprendente, topar uns aseos que chaman a atención por todo: por limpos, luminosos, bonitos e espazosos. Un máis grande e outro máis pequeno, pero inda así amplo. No grande: retrete, letrina, lavabo e cambiador de bebés. Sen sinaléctica algunha. O seu par, igualmente sen sinal,  con lavabo e retrete.

Ademais de todas as vantaxes sinaladas, se un está libre non hai que facer cola no outro porque ten unha marca na porta que te exclúe.

Un bo exemplo: en Guitiriz, na Casa Gaibor, café e restaurante.

IMG-20190303-WA0009

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s