DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL

deixeasuamensaxe 

Arantza Portabales Santomé 

Editorial Galaxia, Vigo, 2018, 319 páx

María Araújo Pires

É un libro fácil, que se le rápido. Ao principio dá a sensación de que as mulleres están un pouco idas, sobre todo a avogada que está acostumada a levar divorcios pero non sabe que facer co seu. Son moitas historias entrecruzadas. As que máis me gustaron foron Alicia e Carmela.

Alicia, traballa prostituíndose para pagarlle unha débeda ao seu tío, o mesmo que a violou de pequena, e aguanta en Madrid ata que reúne todo o diñeiro. Non sabe que pasaría se non llo devolve pero antes de marchar a Galicia outra vez, chámao e lle di que xa ten os cartos. Alicia demostra o que moitas mulleres fan cada día para poder sobrevivir ou darlle de comer ás súas fillas e aos seus fillos.

Carmela, sabe dende o principio que vai morrer porque ten cancro e intenta aproveitar o tempo ao máximo. Fai listas de cousas que facer antes de morrer e deixa mensaxes no contestador ao seu fillo que é médico e está coidando a nenos no deserto. Ela non quere que o fillo saiba nada porque senón volvería a Galicia. Cando Carmela está a piques de morrer, a súa veciña chama ao seu fillo e este chega xusto a tempo.

En metade da historia dámonos conta de que Alicia, a prostituta, e Manuel, o médico, xa se coñecían desde pequenos pero a Carmela non lle gustaba a idea de que estivesen xuntos, por iso nunca lle contou ao seu fillo onde traballaba en realidade Alicia, xa que el cría que traballaba no Ikea.

Sara, a muller que se tentou suicidar, é dunha familia que ten moito diñeiro pero os seus pais pasan o tempo discutindo por ver quen queda coas cousas e cos coches durante o divorcio. Sara fai unha terapia cun psicólogo que é o fillo do mellor amigo do pai. Esta terapia consiste en que ela deixa mensaxes no contestador do teléfono e Bruno, o psicólogo, responde ao correo electrónico. Sara está a punto de casarse pero sabe que en realidade non é iso o que quere. Cando Rubén, o seu compañeiro ten un accidente, ela non vai ao hospital a visitalo e cando se está recuperando, el lle di que non quere casar. Sara recoñece que en realidade a quen quere é ao seu psicólogo pero ao facerse voluntaria e coñecer a Carmela, decide irse ao deserto a axudar aos nenos, aínda que sabe que iso non vai con ela. Durante o voluntariado segue falando con Bruno, queixándose de que alí non dispón dos luxos que tiña na súa outra vida e Bruno decide plantarse no deserto.

Marina, a avogada, está separándose do seu marido despois de sete anos porque ela decidiu non ter fillos e deitarse con outro home. Durante a separación non sae de casa e deixa mensaxes no contestador de Jorge, o marido, que ás veces, lle responde. O seu socio, Rodrigo, decide deixarlle o seu gato mentres marcha de vacacións co seu marido, Ramón. Grazas ao gato, Marina coñece a súa veciña, Carmela, e ao veterinario con quen remata tendo algo. Finalmente decide marcharse a Oxford, a facer un estudo e a ter unha nena, pois sabe que alí é legal o ventre de aluguer e esa nena será filla de Rodrigo e Ramón.

Creo que este libro mostra a realidade de moitísimas mulleres e como se axudan entre elas, a pesar de que algunhas non se coñezan de nada. Tamén ensina que hai que ser amable porque nunca se sabe o que pode estar pasando, por exemplo á túa propia veciña, e ao mellor es ti mesma quen pode axudala con pequenos detalles como Marina e Carmela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s