Andaina 69 xa está aquí!

portada69EDITORIAL
Iradas foron moitas das reaccións
do feminismo perante as actuacións
da xustiza coa sentenza aos membros
da Manada. Máis aínda co voto
particular do xuíz Ricardo Javier
González, asi como ante a decisión
de deixalos en liberdade a finais de
xuño, cumpridos dous anos de prisión
en espera de sentenza firme.
As manifestacións de repulsa foron
innumerables e nutridísimas.
Con participación de xente de toda
clase e condición, sobrandeándose
moito a presenza de mozas novas.
Polas redes correron peticións de
inhabilitación do tribunal, e particularmente de Ricardo Javier G.; o poema de Rosalía «A xustiza pola man»; queimas de monicreques simulandoaos membros da Manadae aos tres membros do Tribunal de Xustiza de Navarra; a difusión das fotos e nomes dos membros da Manada con moitos datos de traballo, domicilio, etc.

O enfado é comprensible ao saber que dous maxistrados consideraron que non houbo intimidación (o do terceiro é caso aparte). Cinco contra unha é, sen máis, intimidación. en falar do tamaño, peso, idade de cada un deles, fronte a unha moza de 18 anos. Que non sacaron navalla, pistola, botella rota, cordas ou panos para estrangulala? Deixa por iso de ser intimidación? O mesmo poderiamos argumentar coa cuestión da violencia.
Segundo a non intimidación e a non violencia, a maioría do tribunal sentenciou
abuso e non agresión.

A linguaxe común coa que nos entendemos non ten dúbida. Foi unha agresión. Usamos a palabra abuso para referir outras cousas e doutra
intensidade. É a linguaxe do Código Penal un arcano para arredarse do común?

É razoable o enfado pola condena a nove anos? Esta é unha cuestión delicada, porén estamos obrigadas a dicir algo. A privación de liberdade é o maior castigo que se pode inflixir a unha persoa, sen contar a morte.

Nove anos de cárcere son moitos anos, moitísimos. Quen teña experimentado cárcere ou o teña coñecido pola experiencia de seres queridos ou achegados, saberá de que se fala e convén non banalizar esta cuestión que só nos aboca a un final de cadea perpetua, eufemisticamente chamada agora «prisión permanente revisable ».
Que non está proporcionado o castigo a respecto doutros delictos? Hai cousas que chaman a atención e que merecerán ser revisadas á luz da conciencia social e feminista, cos cambios precisos aos que debemos
estar atentas. Lexislar en quente, para dar satisfacción á ira e outras emocións, buscando votos (sempre co traila de endurecer as penas) é algo repugnante e propio das posicións máis conservadoras e aquí entra o populismo punitivo. Namentres, non se leva apenas traballo de rehabilitación e reinserción nos cárceres. Tampouco podemos esquecer os exemplos de machismo en boa parte das programacións
das televisións, as públicas tantas veces á cabeza, e da maior parte da industria do entretemento.

É un gran logro ter leis e persoas encargadas de aplicalas. A xustiza pola man, a lei do Talión, os linchamentos e outras experiencias afortunadamente superadas non deben volver e resulta máis que preciso que o feminismo afirme esta cuestión. Importa moito unha xustiza garantista, mesmo nos casos que máis nos repugnan ou que nos moven as vísceras. Sinaladamente cando nos moven
as vísceras.
Que hai exemplos de actuacións xudiciais onde o machismo impera?, si. Que a xustiza non é igual para todas as persoas?, clarísimo. Que nesta desigualdade un dos vectores é a adscripción a home ou muller?, desde logo. Son precisos cambios no Código Penal con participación maioritaria de mulleres con conciencia feminista.
É preciso non baixar a garda a respecto de sentenzas onde a misoxinia e o machismo campan as súas anchas, coa prudencia de coñecer e ler esas sentencias e non falar por boca de ganso. Que aínda que as cousas cambiaron moito respecto de hai vinte ou dez anos, segue habendo unha ralea de machirulos sentados nas cadeiras dos xulgados, no máis alto nivel e no máis baixo, que precisan ser sacudidos polas ondas e os tsunamis do feminismo. Un dos cambios importantes que podemos aprezar neste caso é a posición da fiscalía que recorreu a sentenza.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s