MULLERES DE TEO

All-focus


por Anna Amorós Pons1

Saber do noso pasado e honrar as orixes, coñecer as persoas da historia e valorar as súas achegas, falar delas e conmemorar os seus feitos, todo isto para compartir ese sentimento de pertenza a unha comunidade e a un lugar. A Biblioteca do CEIP-Os Tilos puxo en marcha, o longo deste curso académico, un Proxecto Documental Integrado que veu a súa luz nunha magnífica exposición baixo o título “Investiga Teo con Tilandra”. Unha actividade de participación colectiva, dende o profesorado, alumnado, familias ata o Concello, asociacións locais (A Ponte Vella, Colectivo A Rula, A Regionalista), a publicación Teo-Vivo e moita veciñanza.

A través dun percorrido polas dependencias, viaxamos no tempo dende a pre-historia ata actualidade, a través das manualidades escolares. Nesta travesía descubrimos un especial canto no andar principal, onde se mostra de xeito moi visual un mural adicado ás “Mulleres de Teo”2;

1930 Escola de nenas

esa muller que na súa vida cotià contribúe ao benestar dos seus e da súa contorna, historias de mulleres esquecidas nos manuais do ensino e nas enciclopedias. O mural achéganos a unha mostra de veciñas, de distintas xeracións e orixe socio-cultural, cunha vida cotiá cargada de moitas responsabilidades. Algunhas delas (as avoas) fixeron grandes esforzos para garantir a vida familiar en épocas difíciles e tempos adversos (co coidado dos seus, traballando no agro, emigrando, servindo, cosendo roupa, contribuíndo á economía familiar, responsabilizándose do aforro, da escolarización dos fillos e hoxe da conciliación coa dedicación aos netos)3; e outras máis novas (as fillas) destacan polos estudios, pola súa profesión, pola súa creatividade, polo seu traballo de voluntariado social, onde algunhas ademáis locen hoxe como mulleres nun mundo “de teitos de cristal”. 

All-focus

Dende a Equipa de Biblio Tilandra (Carmen Fernández coord., Inma García, Mercedes Puente, Isabel Riveiro, Berta Rodríguez e Jorge Tojo) agradéceselle a tódalas persoas que compartiron tempo e dedicación no desenvolvemente deste proxecto, que deixa así unha pegada nesta andaina por dar a coñecer historias anónimas e vidas cotiás dalgunhas das moitas “Mulleres de Teo”. Habelas hailas.

1 Profesora Titular de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo

2 Fotos da exposición: A. Amorós.

3 Fotos de época: Fonte, Concello de Teo (Arquivo).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s