BALBINA (Balbina López Roxo)

EMILIO ARAÚXO, Balbina (Balbina López Roxo), Noia: Toxosoutos S.L., 2915

99 páx41hsbsc1vbl-_sx314_bo1204203200_

Hai vidas que parecen novelas. De tan intensas que son, case parecen mentira.

En 1936 Balbina estaba en Barcelona. Tiña billete para regresar a Galicia o día 20 de xullo pero o alzamento impediu que levase a cabo a viaxe. Chegara á cidade condal desde Galicia para traballar como ama de cría pero do desgusto que lle entrou ao deixar ao seus fillos na aldea, perdeu o leite e, en consecuencia, o traballo.

Como non pode regresar, Balbina preséntase voluntaria no Hospital de San Pau, onde se converte en auxiliar de enfermaría. Pouco tempo despois cruza a Francia e instálase no Haute-Vienne, no centro do país. Participou na loita obreira, foi enlace para a guerrilla antifranquista e máis tarde, en Francia, colaboradora activa na resistencia contra os nazis.

No 53 embarcou para Cuba onde vivira desde os 18 meses até os 20 anos. Con 12 anos os pais quixeron que deixase os estudos para casar. Ela, que inda non menstruaba, negouse e puxérona a traballar en distintas fábricas, primeiro nunha de mistos e despois noutra de toallas. Cando volve a Galicia, en 1924, ten dous fillos e vén embarazada do terceiro.

Cando regresa a Cuba, Balbina traballa na cociña da embaixada francesa e un día, por casualidade, coñece a Ernesto Che Guevara.

Esta muller, que nacera cerca da Feira de Currelos, Vilacaiz, non moi lonxe de Escairón, viviu tres guerras e en todas elas soubo situarse no lugar adecuado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s