Akerman quitouse a vida o 5 de Outubro do 2015. Para entón xa gozaba dun amplo recoñecemento entre a crítica cinematográfica internacional, respaldado por 43 filmes de diferentes metraxes; ducias de exposicións, unha mostra antolóxica no Pompidou, dúas novelas, varios proxectos escénicos e un longo etcétera de producción cultural que reflexionaba entre outras cousas sobre nomadismo, identidade, discriminación…
Como feminista Akerman mostrou á muller cunha dignidade que nunca antes tivera no celuloide (Jeanne Dielman, 1975 ); cuestionou o patriarcado desde o lenguaxe, os mecanismos de producción, os encadres e por suposto os temas; deu unha visión positiva do afecto de mulleres (Los encuentro de Anna, 1978; Portrait dúne jeune fille…, 1993) xa desde moi noviña tanto en cine como en teatro; defendeu a adopción de menores por parellas homosexuais (Demain on demenage, 2004 ), reflexou o drama do maltrato machista (La Captive, 2000), foi de mulleres represaliadas por difenentes causas políticas (Dis-moi, 1980; De l´autre cotê, 2002 ; Pour Febe Elizabeth Velasquez,1992)…
No noso territorio apenas estrenou tres títulos e segue a ser unha total descoñecida. Con este seminario: “Chantal Akerman, cineasta de culto, muller e transgresora” Renata Otero e Marta Pérez Pereiro queren dar a coñecer a esta autora e para elo contarán coa inestimable axuda de nove colaboradores de peso: Margarita Ledo, Lois Patiño, Marta Selva, José Enrique Monterde, Anna Solá, María Ruído, Xisela Franco, Diana Toucedo, … son algúns deles.
Como parte da formación proxectaranse tres filmes emblemáticos na súa carreira. “No home movie” (2015) , a soberbia última longametraxe de Akerman estará entre eles.
Se queredes mais información podedes consultar a web do curso: www.chantalakerman.eu
E lembrade que o plazo de matrícula pecha o 15 de xullo.