Un 8 de marzo moi especial

 


Foi moi emocionante entrar o martes 8 de IMG_2382marzo no Instituto en Brión e encontrar paneis e paredes cubertos de cartaces de cor violeta con nomes e fotos de mulleres de distintas épocas e partes do mundo que escolleron e fixeron cada unha das 31 persoas -exclusivamente alumnado- que participaron neste proxecto e que ademais nos desexaban un feliz dia da muller.

11 mozos e 20 mozas. Algúns traballaron en parella.

2 persoas de 1º de bacharelato, 3 de 3º da ESO, 22 de 4º da ESO e 4 de 2º de bacharelato.

Dese grupo partiu a iniciativa. Mellor dito, de Raquel O que lendo un libro de Nuria Varela Feminismo para principiantes nas semáns previas ao día preguntouse Porque non facer algo no Insti? E puxo mans á obra: Falou con este e con aquela, enviaron mensaxes a unha persoa de 1º bach e a outra de 4º ESO que pasaron recado ao alumnado dos seus grupos e puxeron en funcionamento unha maquinaria que nunca usaran1 e cunha forza e enerxía insospeitada fixeron unha fermosa tarefa colectiva. Por primeira vez neste instituto emerxía unha actividade exclusivamente feita por eles, Desde a idea até a realización final sen o concurso de adulto ningun.

Das mulleres escollidas:

Carmen Kerr, Pasionaria, Simone de Beauvoir, Clara Campoamor, Emma Watson, Susan B. Anthony, Shulamith Firestone, Ellen DeGeneres, Rosa Luxemburgo, Anna Ferrer, Alice Guy Blaché, Rosa Parks, Joan Baez, Angela Davis, Mary Wollstonecraft, Andrea Dworkin, Betty Friedan, Emmeline Pankhurst, Frida Khalo, Rosalia de Castro, Valentina Vladimirovna, Cyndi Lauper, Indira Gandhi, Anne Fisher, Malala Yousafzai, Marie Curie, Benazir Bhutto, Olympia de Gouges, Mercedes Peón, Sarah Moore Grimké e Angelina Emily Grimké.

A escolla tivo que ver con querencias, coñecementos, sensibilidades. Certo que Raquel ordenou e suxeriu algunhas mulleres que non podían faltar. E non faltaron.

Á emoción inicial medrou ao constatar máis unha vez un alumnado que sabe moitas cousas, moitísimas máis cousas que nós a súa idade, que ten curiosidades e que non é alleo ás preocupacións e problemas do mundo no que vive e que as relacións entre mulleres e homes, as inxustizas, a discriminación e a solidariedade, o machismo e o feminismo, a liberdade sexual e os dereitos LGTB, a ciencia, o mundo do espectáculo, tamén forman parte de cousas nas que lles interesa participar e dar as súas opinións.

A cantos poiden preguntarlle explicáronme como recibiran a mensaxe e como a pasaron, porque escolleron as “súas” mulleres e que tiñan contentura de ter contribuído e participado nesta iniciativa lanzada por Raquel OIMG_2395

Para completar este proxecto Raquel e Miguel prepararon un video que proxectaron no 2º recreo no Hall do IES e que se colgou na Web do Insti para uso de quen desexe facelo. Aquí tedes tamén o enlace:

https://youtu.be/6yQ8Vum9KaI

NSC

1 Non me refiro, por suposto, ao grupo de wapp que usan con enorme frecuencia e que nesta ocasión alixeirou o traballo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s