Todo Pirolos

todopirolos+imaxeNas redes sociais —Facebook e Twitter— podedes atopar as contas identificadas como Todo Pirolos. Nelas, de maneira abertamente retranqueira, se «dan os parabéns» a abafante presenza masculina en múltiples eidos da sociedade. Tanto fan as súas propias publicacións, como podedes contribuír a poñer a «medalliña» nesas innumerables xuntanzas de campos de nabos. Cos hastags como #todopirolos, #cricatestimonial e #parabensfixeches1xuntanzadetodopirolos figuran a relación de doutores honoris causa nomeados pola USC, o consello reitor da Caixa Rural Galega, o debate sobre o futuro político de Galiza en Voz TV, as colaboración de opinión nos medios da prensa en papel e dixital, xuntanzas políticas de toda índole, listaxe dos candidatos dos partidos ás diferentes eleccións… Dende Andaina quixeramos animar a todas as cricas rabudas a denunciar desta maneira divertida a anormalidade desta presenza todopirolítica para que algún día poidamos empregar o hastag #xuntanzadecricasepiroloscomonavidareal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s