Despedimos a Begonha

begonha2

O pasado día 28 de outubro, despedimos a Begonha Caamañho, muller valente e apaixoada, sempre comprometida con todas as causas solidarias e especialmente co feminismo, ao que en moitas ocasións prestou a súa imaxe e voz en actos públicos. Xornalista e novelista, contadora de historias como lle gustaba dicir, deixa tamén unha pegada importante na cultura galega con dúas novelas, Circe ou o pracer do Azul (2009, Galaxia) e Morgana en Esmelle (2012, Galaxia), esta última merecedora de importantes premios da crítica e da cultura galega.


begonha3

Ao acto de despedida en Boisaca achegáronse moitas das persoas queridas, familiares, amigas e amigos que querían compartir o sentimento de pérdida e baleiro pola ausencia de Begonha. Transmitirono con palabras, con cancións e con escritos da propia Begonha que, unha vez máis, foi quen de darnos exemplo de valentía e xenerosidade.

Desde Andaina queremos sumarnos a todas e todos eles nesta aperta grande de adeus.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s