AS NON CALADIÑAS

 

O ABORTO É UN DEREITO

UNHA CONVOCATORIA DA PLATAFORMA GALEGA DE COMPOSTELA POLO DEREITO AO ABORTO

caladiñas 8

Onte fixémolo de marabilla! Unhas máquinas! Unha panda de artistas! Si, señoras! A nosa máis sincera noraboa! 

Honramos ás nosas devanceiras -e a algunhas coetáneas- con toda a pompa e boato que se merecen. 

O luns santo, despois de domingo santo e martes máis santo aínda, ás nove da noite, saía da praza 8 de marzo en Compostela, a Procesión das Non-caladiñas. A “recollida” comitiva, cuxas “ofrecidas” ían perfectamente ataviadas con peinetas, velas e mantillas, camiñaron orgullosamente reivindicativas tras o pendón malva e a bispa “máis guapa, máis lista e máis feminista” que se leva visto en Compostela.

Durante o percorrido, rezouse con toda devoción e convencemento: “Fóra rosarios dos nosos ovarios”, “Imos queimar, imos queimar a conferencia episcopal, por machista e patriarcal”, “Abortarei, abortarei, abortarei, abortarei, en Londres ou Sebastopol”… Pregouse pola alma de Gallardón e pola da súa familia.

caladiñas 3 caladiñas 4

Ao acto, non puideron acudir pero xustificaron a súa ausencia: a Virxe da Barca, a da Franqueira, a Virxe da Lanzada, a da Peregrina, a da Peneda, a Virxe do Xurés, a Virxe do Camiño, a Virxe da Saleta, a Virxe do Portal, a Virxe dos Milagros e a Virxe do Cristal. Mandaron adhesión e emails aplaudindo a iniciativa: Santa María de Augas Santas, Santa Rita, Rita o que se dá non se quita Nosa Señora de Bergondo e a Santa Compaña.

caladiñas 16Era ben que fose certo iso de que: Ano de procesiós; ano de benzós, e que a nosa loita acadase todo aquilo que tan xustamente reclama.

 

Advertisements

Un comentario en “AS NON CALADIÑAS

  1. Pingback: A Non Caladiñas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s