andaina 64

Imaxe

EDITORIAL Máis alá do 25 de novembro
O movemento feminista foi o pri­ meiro en chamar a atención sobre o problema da violencia machista. Houbo, e segue habendo, mobiliza­ cións na rúa e tamén xornadas e es­ tudos dedicados a analizar as causas e as consecuencias desta violencia. Hoxe a sociedade semella estar máis sensibilizada diante desta lacra e des­ de os medios e as institucións hai unanimidade á hora de condenar to­ dos os actos de violencia machista. Pero esta maior conciencia do pro­ blema non ten servido de moito se nos atemos aos datos. A violencia contra as mulleres non diminúe e, cunhas cifras de máis dunha morta á semana, corremos o risco de que nos acostumemos a estas noticias e que só cando afecta a persoas coñecidas ou acontecen na nosa cidade ou ben son especialmente dramáticas consi­ gan manter a atención da sociedade. Por outra parte, o número de mulle­ res mortas, que, sexa o que sexa, será sempre excesivo, non deixa de ser a punta do iceberg de todos os actos de violencia que se producen e que non chegan a ser noticia dos xornais.
A maioría de actos de violencia acontecen no ambiente privado das vítimas, maridos, país, irmáns, mo­ zos… Un ambiente privado onde son habituais as dependencias afectivas e/ou económicas. Un ambiente pri­ vado sobre o que pesa unha cultura sexista que lexitima un papel máis agresivo dos homes e de submisión das mulleres. Por iso, non é posible enfrontarse ao problema da violen­ cia machista sen cuestionar tamén as relacións que se establecen nos ám­ bitos privados. De novo aquilo que aprendemos do feminismo de que o privado é público.
Todos os estudos sobre violencia de xénero, non só os que se fan den­ tro do ámbito feminista, coinciden en que unha das causas principais das agresións é o arraigado que aín­ da está o machismo na sociedade. A lei Integral Contra a Violencia de Xénero, que na súa exposición de lei integral supón un avance notable, na súa aplicación práctica destaca máis polos aspectos punitivos que por atender aos aspectos sociais que a provocan. Aumentan as penas para os agresores e a cualificación dos delitos, hai máis xulgados e policías especializados, pero se recortan os medios nos centros de acollida e as subvencións para os programas de igualdade desaparecen ou son case inexistentes. As campañas de sensi­ bilización das administracións pro­ grámanse case todas ao redor do 25 de novembro e o resto do ano pou­ co máis hai que concentracións nas portas dos concellos cando acontece algunha morte.
Entre os últimos datos que coñe­ cemos sobre este tema resulta espe­ cialmente preocupante o medre da violencia sexista entre adolescentes. Segundo a última memoria da Fisca­ lía Xeral do Estado, de 2011 a 2012, os procesos xudiciais por violencia machista en adolescentes incremen­ taron un 30 %. Estas cifras demos­ tran, mellor que ningunha outra cousa, que a maior conciencia social do problema non ten contribuído a mudar as mentalidades, mesmo hai en moitos casos unha volta atrás. Despois dunhas xeracións de mulle­ res que racharon cos roles tradicio­nais das súas nais e avoas, que ocu­ paban as rúas e estaban orgullosas da súa independencia dos homes, as actitudes machistas e a perda de autonomía das mulleres é cada vez máis habitual, pois o que si existe é un maior sentimento de insegurida­ de nas mulleres fóra do ámbito pri­ vado, máis medo a saír soas pola rúa. Do temos dereito a camiñar tranquilas de noite e de día pasamos ao se volves soa, chámame cando chegues.
Ao medre das agresións entre ado­ lescentes non é alleo a influencia en­ tre a xente nova do concepto de amor romántico que seguen a transmitir as cancións, a literatura, as películas e se­ ries de TV, con máis aceptación entre a xuventude. As historias de princesas sedutoras e príncipes valentes volven invadir o imaxinario das rapazas e ra­ paces, aínda que agora sexa baixo a aparencia de vampiros ou espectros. Relacións, nas que os papeis mascu­ linos e femininos acostuman respon­ der aos estereotipos de rapaza guapa e fráxil e mozo valente e agresivo. Un estudo realizado en 2011 polo Minis­ terio de Igualdade e a Universidade Complutense aporta o dato de que un 4,9 % das mozas xa ten sido vítima dalgún tipo de violencia e que unha de cada cinco, xustifica o sexismo e a agresión como forma de enfrontarse aos conflitos.
Os celos vense como unha demos­ tración de amor e o control sobre a vida, sobre as chamadas e as saídas, non se consideran acoso, senón unha proba da intensidade do afecto. As adolescentes non identifican a vio­ lencia de xénero da que informan os medios como algo que lles poida pasar a elas e moitas veces non son denuncias e comentos conscientes do perigo que corren ao perder toda a autonomía e capacida­ de de decisión en aras do amor.
Resulta moi difícil eliminar os prexuízos e mudar as mentalidades, pero non podemos baixar a garda nin escatimar os medios para con­ seguilo. Temos que mobilizarnos contra as agresións e implicar a toda a sociedade nesta loita, hai que dar­ lles ás vítimas o apoio que precisen e perseguir aos agresores. Hai que traballar en todos os ámbitos e lu­ gares para erradicar o machismo. É urxente transmitirlles ás novas xera­ cións valores igualitarios e potenciar a autonomía das rapazas e rapaces. É urxente, esteamos ou non en crise.

A crise tamén chega a Andaina
A equipa de Andaina seguimos em­peñadas en que a revista continúe a pesar das dificultades económicas e de disposición de tempo libre das que estamos detrás. Ás veces isto é difícil, porque cada vez os custes son maiores e non contamos con sub­ vencións nin publicidade e porque a crise ten obrigado a algunhas de nós, sobre todo as máis novas, a buscarse a vida con actividades que lles ocu­ pan máis tempo e enerxías que antes.
Vistos os medios cos que conta­ mos na actualidade pensamos que a mellor forma de seguir manten­ do viva a presencia de Andaina pasa por renovar a revista en formato di­ xital, poñer en marcha unha nova web máis dinámica e atractiva que se actualizará cada dous meses con novos artigos e noticias e sacar ta­ mén unha vez ao ano un especial en papel cunha selección destes artigos incorporando outros a maiores.
Esperamos seguir contando coa vosa comprensión e o voso apoio nestes momentos difíciles para que Andaina, en papel ou dixital, siga sen­ do unha revista feminista, en galego e independente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s