Emma Casal, co apoio da Universidade de Vigo, organizou na Casa das Mulleres de Vigo unhas xornadas baixo o lema “Que hai de novo nos feminismos?”, e que deu voz a colectivos feministas como a Marcha Mundial das Mulleres, a Rede Feminista Galega e as Xornadas de Autoformación Feminista, na súa primeira mesa redonda, que tiña por título “A revolución será feminista ou non será”.
No segundo día Maribolheras Precárias, Lerchas e a Asociación Nós Mesmas falaron desde a súa perspectiva da loita polas liberdades sexuais nunha mesa que levaba por título “Non me interesa a túa revolución se non podo bailar”.
En Galizacontrainfo fixeron dous videos sobre estas mesas e unha galeria de imaxes.