Desculpade a desconexión desta semana, pero foi tanta a intensidade do 11 de marzo e milleiros de cousas pendentes por facer, que estamos hoxe poñéndonos ao dia co blogue. Tentaremos que non volva acontecer.
E achegamos algunhas imaxes do que foi o encontro coas rapazas e rapaces do Ies Terra de Trasancos en Narón, onde explicamos que era isto de Andaina, a nosa revista galega de pensamento feminista, e logo conversamos coa chavaleria e agasallamos unhas revistas ás máis intrépidas preguntadoras. Alí estiveron Zélia Garcia, de condutora da presentación, e Ana Arellano, botou tamén unha man desde o público.
Agradecemos ás profes e ao departamento de Normalización lingüística o convite, e é que foi un pracer.