Entrevista coa autora de “Monólogos da vaxina”

Entrevista publicada en The Guardian e traducida aqui

Eve Ensler, autora de “Monólogos de la vagina” loita contra o maltrato ás mulleres. Abusada de nena, hoxe di que sen os homes como aliados non rematará a violencia de xénero.

Quen vaticinaria o efecto que tería un grupo de mulleres falando sobre vaxinas? Quince anos atrás, Eve Ensler, que por entón era unha dramaturga de Nova Iorque moderadamente exitosa, deu a coñecer a obra que estivera a escreber durante dous anos,  Mónologos da vaxina. A partir das entrevistas que fixo con máis de 200 mulleres, os monólogos resultantes -interpretados ao longo dos anos por actrices como Meryl Streep, Susan Sarandon e Oprah Winfrey- falaban sobre as experiencias femininas, a sexualidade, o abuso, o amor, os nacementos.

Mais Ensler non se detivo alí. Alentada polo éxito da obra – e polas historias que as mulleres lle contaban despois das representacións- criou dous anos despois o movemento Día-V. O seu obxectivo é rematar coa violencia contra a muller. Na actualidade teñen lugar en todo o mundo representacións da obra para recoller fundos e financiar proxectos para as mulleres.

“Esta semana Monologos da vaxina representarase en Qatar e haberá mulleres alí que se van subir ao cenario para facelo e que van arriscar as suas vidas por isto”, explica Ensler. “Hai un desexo de rachar con tabúes, de contar segredos e rematar con silenzos -paréceme algo moi poderoso e motivo de inspiración-”.

A obra máis recente de Ensler, “I am an emotional creature”, baseouse en historias de adolescentes. Cando se estreou hai dous anos, lanzou V-Girls de xeito concreto para  comprometer ás rapazas e as mozas novas. “Descoñecen que quere dicir a palabra feminismo mais os seus desexos son feministas. Queren ser libres, estar a  salvo, ter oportunidades e exercer papeis de liderazgo. O truco consiste en descubrir a linguaxe que falan as mozas e apoialo en lugar de dicir “esta é unha ideoloxía que existe desde hai anos e que todos precisan apoiar. Eu son feminista. Medrei co feminismo, mais tamén prenso que precisamos sacudir as cousas para impulsalas máis e noutras direccións”.

Outra das cousas que Ensler notou con I am an emotional creature é o dispostos que están os homes a comprometerse. Mencionoullo a un amigo varón que lle dixo: “os homes teñen fillas e sinten que se poden comprometer de forma activa porque lles parece que poden facer algo para mudar o destino das vidas das súas fillas”. A día de hoxe existe tamén un movimento V-Men, que é “un cadro de homes en todo o mundo que están dando un paso á fronte e dicindo “poñer fin á violencia contra as mulleres e as mozas significa algo para mí, todo isto é realmente emocionante”. “A menos que os homes se convirtan en aliados activos, nunca poderemos poñer fin á violencia”.

A súa propia experiencia co abuso, di, “está fondamente conectada co que me motiva. Antes sentiame atrapada pola ira e o drama e con probarme a mín mesma e atopar a miña saída desa posición de vítima, mais iso pasou e non é o que me mobiliza xa. Cando unha é violada é forzada a sentirse mal porque polo xeral unha uno absorbe -literalmente- ao agresor dunha e isto convírtese na maldade propia. A mín levoume anos exorcizar este mal”.

E aínda asi sona moi animada cando di que se está a xestar unha “primavera das mulleres”.  “Foron realmente as mulleres exipcias as que lideraron o levantamento. Vemos en todo o planeta todo tipo de activistas mulleres. Penso en Agnes (Pareyio, directora de V-Day Kenia, que abriu dúas casas de refuxio para mozas que fuxen da mutilación xenital feminina). Ela foi exiliada na súa comunidade e agora postúlase para o Parlamento. Ollen a Dominique Strauss Kahan -dez anos atras por este tema non se lle baixaría dun avión-. Este tema é importante. Marca un cambio palpable. Non puxemos fin á violencia, mais construimos os mecanismos para comezar a combatela. O próximo paso é poñerlle fin, logralo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s