Manifestación en Madrid o 6 de novembro das traballadoras do sexo

Comunicado aprobado na asamblea de traballadoras do sexo de Madrid do 11  de outubro, da web de Hetaira:

As prostitutas ou traballadoras do sexo que traballamos na rúa de xeito voluntario:

* Estamos en contra das normativas e plans municipais que nos persiguen, acosan e que “espantan” aos nosos clientes, tomando os seus datos ou poñéndolles multas con diferentes excusas.

* Queremos espazos onde podamos traballar tranquilas, con maior seguridade, limpos, con lixeiras, con sitios para descansar, tomar un café ou refrescarnos, ben alumeados e con bos accesos…

* Queremos unha reunión das nosas representantes co Concello e os os representantes das asociacións viciñais para negociar onde poden montarse estes espazos de xeito que se podan dar as condicións que precisamos.

* Estamos fartas de que se diga que todas somos vítimas de trata e se nos negue a nosa capacidade de decisión para exercer esta actividade que, aínda que a desenvolvamos en condicións cada vez máis penosas, é a actividade que decidimos escoller para traballar.

* Queremos ter os mesmos dereitos que o resto de traballadores con o que iso implica. Pagaremos os nosos impostos e queremos recibir por parte do estado as mesmas prestacións (servizos) que ten o resto de traballadores e traballadoras.

* Estamos fartas de que nos manteñan na alegalidade. Queremos que a nosa actividade sexa lexítima e recoñecida como un labor máis, o que nos facilitará a nosa convivencia e o recoñecemento social.

* Todo isto axudará a que a xente nos vexa como unhas cidadás mái e non como marxinais, case delincuentes; estigmatizadas como “viciosas”, “perversas” e “malas mulleres” da rúa.

* Con todo isto estamos convencidas que tamén se reducirá o número de agresións que sufrimos, porque as normativas e plans municipais que nos persiguen como se estiveramos cometendo un delito anima os prexuizos da xente contras nós e parece que dá permiso para que se nos trate mal e nos agredan.

* O que nós facemos é un traballo e queremos que se recoñeza como tal. Estamos convencidas de que se se reconociera o noso traballo, moitos desacordos quedarían resoltos.

Madrid, 11 de outubro de 2011

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s