A exposición de feminismo galego da Fundación Galiza sempre na rede!

A Fundación Galiza Sempre ven de presentar a versión dixital da exposición Feminismo galego: cambios sociais e dereitos das mulleres que producíu en 2009. Disponible en www.galizasempre.org/feminismogalego, a mostra recolle diversos materiais que dan testemuño dos obxectivos e reivindicacións do movemento feminista: textos, publicacións, noticias e documentación gráfica para impulsar na sociedade galega a reflexión sobre os avances e cambios sociais promovidos polas entidades e organizacións defensoras da igualdade de dereitos das mulleres.

A iniciativa repasa, entre outros asuntos, o avance do sufraxismo; a II República; a ditadura franquista; as agrupacións feministas galegas dos anos 70 e 80 ou estado actual da loita feminista. Para facilitar a súa utilización en actividades informativas e contextos didácticos –un dos principais obxectivos- pódense descargar pdf coa información relativa a diferentes periodos (desde o século XIX ata os comezos de século XXI) e tamén un xornal que resume os contidos e reproduce diversas noticias de prensa sobre algúns dos fitos máis importantes da loita feminista no posfranquismo.

O guión e os traballos de investigación e documentación foron realizados pola investigadora Isabel Rodríguez Mate e recóllense fondos documentais de Nanina Santos Castroviejo, da revista Andaina de pensamento feminista, da Fundación 10 de Marzo, do Museo do Pobo Galego, e dos museos de Pontevedra e Massó. Nanina Santos Castroviejo, Mª Xosé Agra, Encarna Otero e a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega prestaron asesoramento en distintos aspectos.

Na mesma liña de divulgación e contribución ao debate social a fundación nacionalista publicou en 2010 o libro “22 documentos do feminismo galego” que inclúe algúns manifestos de referencia na orixe e evolución do movemento feminista no noso País.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s