V2MN: Virus 2 Media Laranxa

Recollemos un interesante artigo sobre relacións, parellas, e a obsesión por iso de dividirmos as froitas en dúas pezas, do blogue de descontroladas, mistura de bcn-galiza e feminismos variados. Que gostedes!

Somos bicicletas! O tricilo é para nens, o monociclo é para as freaks do circo, e a bicicleta é para a xente normal – “a bicicleta é a natureza”.

Todo vai en dous! Espagueti con salsa, pan con tomate, parella, matrimonio, café con leit, os animais da Arca de Noé y de dúas gardenias para ti.

Afógame o número dous, prodúceme asfixia. Ela e el, el e el, ela e ela, eles dous, elas dous. Para as crianzas tres rodas, para as freakis unha rolda e para o resto do mundo, para a maioría… dúas! (..)

Por que o medo ao numero tres, e desde onde ven o terror ao numero un?

“Como te chamas?” e directamente despois, “tes mozo?” Por que o meu estado sentimental é unha información cara ao público? e se a resposta é non, vexo facianas de mágoa, preguntas sobre os meus problemas, ou a miña última relación que debe ser unha historia de terror . E por que se supón que teño un non dous ou tres ou ningún? Agsálloche unha gardenia, ou tres, e con elas podo dicir que te quero, que vos quero a ti e a miña árbores con catro mil gardenias.

Preguntas parecen superficiais, descartadas por ser moi escoitadas, bastante discutidas nos ambientes queer e feminista. Peroá prática, continuo a visitar as casas das miñas amigas e as súas parellas, continúo a saír cunha amiga e a súa moza, e continúo a tomar cervexas escoitando queixas de parellas e prantos de amor medio laranxeiro. Continuo pasando ceas cos discos raiados de excusas: “esta vez é diferente, esta vez é un amor de verdade, esta vez o amor é tan forte que non é posíbel controlalo, agora preciso estar con só unha persoa para poder traballar outras cosas na vida, non quería pero mira xa somos moxos, non sei que pasou pero é a miña parella agora.. (..)

Mil e unha preguntas na miña cabeza! Noto falta de forza, xa non podo combater todo o tempo! Agobio! Sensación de incapacidade para loitar máis, e ao mínimo sorriso caio en latexos fortes, alta presión de sangue e ollos soñando lonxe dunha casa, cun can, e un mozo montañeiro con barba, nenas correndo chamándome mamá e tetas que xa secaron de tanto chuchar. (..)

Volvo dubidar que entre tantas bicis un monociclo poda sobrevivir!

A idade? Pode ser! Pero máis probabél que é o virus do número dous. A pragra de virus 2MN (V2MN: Virus 2 Media Laranxas)! Esta epidemia que me rodea, as infeccións que non paran, os resultados en positivo de análise de vodas e de despididas de solteras. Máis e máis funerais de amizades perdidas por parellas pechadas, e cada día sube máis a necesidade de ir con coidado enriba do monociclo. É que á mínima es a ligona, a feminista amargada de relacións pasadas(..) O que está claro é que hai medo ao número tres, e hai terror ao número un… e a presión social imensa ven en dous!

Non podo só, a presión é imensa, e o desafío supérame! Rachar os dereitos de autor de un só disco é un delito, romper os dereitos de autor de catro mil discos é un acto revolucionario. Romper os dereitos de autor do noso propio disco é a revolución! Abaixo os muros das parellas!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s