Milleiros de persoas saen ás rúas de Compostela na defensa do ensino público

A manifestación convocada por todas as organizacións sindicais este venres 9 de setembro en Compostela foi secundada por milleiros de docentes que quixeron amosar o seu fondo rexeitamento aos recortes que o goberno está a aplicar no ensino público: incremento do horario lectivo en Infantil e Primaria, eliminación do “acordo de agrupamentos”, redución de unidades e aumento da ratio nas aulas…Medidas todas elas encamiñadas a reducir o número total de docentes -ao redor de 1000 menos que o curso anterior- para recortar gastos, a pesares do claro deterioro da calidade educativa que isto supón. (info tirada do web do STEG)

Solidariedade e novas xornadas de folga en setembro

Desde Andaina solidarizámonos coas profas e profes, coas alumnas e alumnos, que se están a mobilizar para que non continúen co secuestro do ensino público e da sanidade, que están en serio risco na actualidade e coa redución de persoal e aumento de horario lectivo nos centros de ensino do noso país. Neste mes de setembro haberá dúas convocatorias máis de mobilizacións, que, agardamos, sexan tan multitudinarias como a de hoxe!

O vindeiro día 20 pararán todos os centros escolares de Infantil, Primaria e Secundaria de 10 a 10:30 e irán á folga xeral no ensino, o 21 e o 27 de setembro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s