Entrevista de verán a Itziar Ziga

Reproducimos unha entrevista de finais do mes de xullo feita polo xornal basco Gara á feminista Itziar Ziga, que con frescura e optimismo falan de temas de actualidade como os feminismos e a violencia contra as mulleres. Recomendamos a súa leitura.

Como te definirias a ti mesma?
_Foder coa preguntiña. Veña, vou comezar forte. Son a mamachicho do feminismo basco.

Licenciada en xornalismo exerciches como xornalista? E agora, escritora?
_A primeira vez que publiquei unha reportaxe foi aqui no Gara, hai… doce anos? Por certo, nunca máis lles interesou ningún tema que lles propuxen. Dilles da miña parte que me fagan caso. En todo o que fago, son unha freaki irreductiíbel. Despois fun a correspondente en Barcelona do xornal feminista Andra durante os catro marabillosos anos que durou. No último número creo que a metade das páxinas eran miñs. Igual por iso pechou? Pero non son apta para as prioridades xornalísticas: impostar obxectividade, inmediatez… Continuo utilizando unha gravadora vintage de casette.

É a provocación a túa arma de loita? Que efecto buscas con ela?
_A provocación sempre está no ollo que ve e xulga. E sempre se xulga desde a norma. Como bollera deslinguada golfa feminista radikal de extremísima esquerda e incapaz de disimular nada disto, comprenderás que me é imposíbel pasar desapercibida. Ademais, tampoco quero. Fanche a vida imposíbel de mil maneiras para que pagues pola túa herexía e aínda por riba tes que esforzarte en parecer apta. Senón gozo dos (dubidosos) beneficios de acatar a norma, por que vou cargar coa súa hipocresía? De calquera xeito a miña provocación esé doce porque eu son moi feliz na miña marxe xunto a outras monstruas.

O libro que viu a luz hai un de anos ten como fondo o feminismo feminino, en que consiste?
_Feminismo feminino, que mal sona iso. “Devenir perra” é unha visibilización lúdica e colectiva dun grupo de mamarrachas que eliximos o disfraz da puta para resistir e gozar neste mundo heterocentrado, católico, aburrido e triste. Pero sempre falou dunha feminidade extrema, bastarda e antipatriarcal.

Como ves o feminismo? E o transfeminismo, en que consiste?
_Creo que a loita feminista está pasando por un momento doce e expansivo, aínda que todos os momentos son imprescindíbeis. O transfeminismo é unha actualización máis da herexía feminista que pretende recuperar radicalidade, aglutinar máis disidencias desde diferentes identidades de xénero e incorporar procedencias de loita. O prefixo trans quere insuflar hibridación e mobilidade. Pero non se trata de ningún salto ao baleiro, hai un diálogo permanente e vivo con outras propostas feministas igualmente cañeras e transformadoras aínda que menos efectistas. En realidade, Olympe de Gouges, guillotinada en 1793, xa era transfeminista.

Está o feminismo listo para prescindir do xénero?
_Non chego a comprender desde que malinterpretación das ideas de Judith Butler ou Beatriz Preciado se chega a suxerir que o feminismo debe aspirar a prescindir do xénero. O xénero é a ferramenta de comprensión que nos axudou desde mediados do século XX a comprender cómo operan as relacións de poder patriarcais. E na súa mesma definición alude á versión que cada unha e un encarnamos de toda unha complexísima combinación de mandatos sociais entorno á feminidade e á masculinidade. Non somos globos de helio. Cando escoito que debemos desmontar o suxeito político mulleres para avanzar na nosa liberación, éntranme ganas de abofetear. Como hostias loitas contra a feminización da pobreza sen aplicar nocións de xénero?
(..)

“As mulleres sempre estamos baixo sospeita”

Por que te chamas a ti mesma puta?
_Porque o estigma puta é o mecanismo máis perverso que ideou o patriarcado para dobregarnos e dividirnos a todas as mulleres. Queren que nos peguemos a vida desmentindo que somos putas, porque sempre estamos baixo esa sospeita. E para que a defensa da tua conveniencia social teña validez, debes sinalar a unha puta de verdade e distanciarte dela. Ademáis, así creras que a merda de condición feminina decente á que te aferras é satisfactoria para ti. Ademáis, son borracha, falo alto, toléanme as lentejuelas e as medias de encaixe, manteño a cabeza alta e la mirada fixa… Socialmente son lida como puta.

Fálase moito delas, sen falar con elas…
_Porque cando elas falan, desmóntano todo. Por iso a min me encanta escoitalas. Sobre todo ás putas da rúa empoderadas. Como muller inadecuada, a min ensináronme moito a ser forte nesta merda de mundo misóxino.

Cre que é a autodefensa feminista a mellor solución á violencia machista?
_Sen dúbida. Aínda que cada día sinto máis, xunto ás miñas adoradas e imprescindíbeis  Medeak, que para mudar de paradigma, debemos empezar a desterrar verbos como resistir, defender. Sempre respondendo sen dotarnos da capacidade de crear. As miñas Medeak, cando organizan festas, advirten cun cartaz na entrada: coidado, estás entrando en zona feminista. Imaxina que diferencia de enunciación respecto aos típicos: non se permiten agresións sexistas.

Que papel deben tomar as institucións?
_Uf, Pregunta trampa. Vou sacar a cresta para responderte: darnos a pasta e fodernos o menos posíbel.

E os homes, deben aportar na construción doutro tipo de sociedade?
_É evidente que non están á altura da transformación que nsoutras comezamos. Non son quen de xerar un discurso deconstructor do seu xénero e moito menos de xerar acción colectiva para desmontar a orde patriarcal. Hai anos era máis jarekrisna e repetía aquilo de: eles tamén están fodidos e blabla. Agora teño cada vez máis claro que deben sentirse cómodos e compensados coas cousas como están porque non as cambian. Por suposto que hai tipos fantásticos e auténticos chungos misóxinos. Pero cada día me celebro máis por escoller ser bollera e non pasarme a vida agardando que Él avance.

A violencia que padecen as mulleres ten mil facianas, como se poden combater todas?
_Eu téñoo moi claro: fe-mi-nis-mo. No meu traballo como xornalista tiven a gloriosa oportunidade de coñecer a grupos de mulleres moi diversos. E comprobar que esas redes de activismo que se tecen horizontalmente entorno a unha circunstancia funcionan como células de empoderamento salvavidas para as mulleres. E todas desenvolveron desde a súa experiencia encarnada colectiva análise e estratexias fronte á violencia estrutural machista. As afectadas por cancro de mama, as traballadoras domésticas, as discapacitadas, as moras con hijab, laas lébicas, as traballadoras do sexo, as transexuais,…

“Son apocalíptica eufórica”

Cre que o feminismo perdeu a súa radicalidade? Debe de recuperalo?
_Demasiadas veces escoito que o feminismo se aburguesou ou institucionalizou e fódeme moito. De que feminismo falamos? É un ataque tan fácil e tan insultante para milleiros de mulleres que se organizan en infinidade de grupos e xeran outros posíbeis. Nosoutras levamos lustros ofrecendo alternativas. Claro que o inimigo é moi grande e está armado, non o teremos nunca fácil. Aproveitarase todo o que poda do noso traballo sen recoñecernos e para neutralizarnos. Pero vivir emparanoiadas con que nos van asimilar é como viaxar con paos nas rodas. E estou até a cona dese negativismo enfermizo da esquerda. Son apocalíptica eufórica.
(..)
Que resposta agardas do teu próximo libro?
_Que o noso pobo se saque a maldita cruz do recto e comece a follar máis e mellor.

Advertisements

Un comentario en “Entrevista de verán a Itziar Ziga

  1. Pingback: CICLO “25 DE ABRIL, 25 MULHERES, 25 LIVROS” (DIA # 7) | Confraria Vermelha

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s